Praza Pública

Unha ducia de imaxes da eclipse (e arredores)

Foron uns segundos, menos de dous minutos nos lugares máis ao nordeste de Galicia. Pero non se volverá repetir nas nosas vidas. Así que a expectación era máxima e o resultado... pois non dependeu do sol nin da lúa, que cumpriron con precisión astronómica, senón da terra e da súa meteoroloxía.

  1. 01

    1912, 2026... e 2180

    As eclipses totais de sol, isto é, cando a lúa se interpón a unha distancia tal que o tapa por completo, son tan extraordinarias que non adoitan producirse dúas no que dura unha vida humana. A non ser que se opte por longas e planificadas viaxes. Pero esta vez tocou aquí, en Galicia.

  2. 02

    Gafas esgotadas

    Nos días previos á eclipse foron esgotándose as gafas en establecementos de todo o país, fosen farmacias ou supermercados.

  3. 03

    Planificación laboral

    Moitos postos de traballo adaptaron os seus horarios para facilitar ao persoal ver a eclipse, pero para outros moitos as 20:29 horas deste mércores non supuxeron ningunha alteración laboral.

  4. 04

    Tarde-noite de picnics planificados

    Moitos dos que si puideron adaptar os seus horarios planificaron excursións ou picnics en lugares despexados e elevados, como o monte Ancos, en Neda.

  5. 05

    Ou de improvisación en calquera estrada

    Houbo a quen a eclipse colleu en viaxe, e calquera área de descanso ou treito apartado valeu para parar uns minutos a contempla o espectáculo.

  6. 06

    Sillas ou toallas como butacas de primeira fila

    Os montes e praias galegos enchéronse de sillas, toallas e mantas a xeito de butacas de primeira fila da representación astral.

  7. 07

    Nubes na Coruña

    Pero a meteoroloxía impúxose nalgúns lugares á expectación, como sucedeu na Coruña, onde mas nubes 

    [Foto: Concello da Coruña]

  8. 08

    Pantalla en Lalín

    En lugares como Lalín ou a praia das Catedrais habilitáronse pantallas para poder seguir a eclipse en caso de nubes. No primeiro caso non foi necesario, no segundo si.

  9. 09

    Parcial en Porto do Son

    Pero houbese nubes ou estivese despexado, fose parcial ou total, a eclipse desfrutouse en toda Galicia.

  10. 10

    Total en Ferrolterra

    En moitos lugares a eclipse coincidiu con outras actividades habituais do verán, que adaptaron os seus horarios para desfrutar do espectáculo, como o Festival Jazz de Ría, nunha contorna, desde a ría de Ferrol ata Cedeira, na imaxe, que non resultou afectada polas nubes.

    [Foto: Rocío Cibes - Jazz de Ría]

  11. 11

    Atascos de ida...

    Pero se algo van lembrar moitos galegos deste 12 de agosto, ademais da única eclipse total das súa vidas, serán os atascos de tráfico para ir ver a lúa tapar o sol...

  12. 12

    ...e atascos de volta

    ...e os atascos de tráfico para voltar de ver a lúa tapar o sol.