Unha ducia de imaxes para pasear polo pasado do casco vello de Vigo durante o confinamento
O novo plan de urbanismo de Vigo inicia a súa avaliación ambiental. Recuperamos unha ducia das imaxes antigas que o Consorcio do Casco Vello de Vigo vén divulgado en redes sociais para visitar a cidade no tempo malia a corentena.
-
01O Castro
O monte do Castro, cando aínda era monte.
-
02Baixada do Castro
Camiños de terra na baixada do monte do Castro cara ao casco vello.
-
03Obras de urbanización
O monte do Castro comeza a transformarse nas proximidades da zona xa urbanizada.
-
04Rúa Colón
Novas rúas conviven cos animais da gandería tradicional.
-
05O teatro
O antigo Teatro Rosalía de Castro ardeu en 1910 e no seu espazo levantouse o García Barbón.
-
06O tranvía
Tranvías circulando pola rúa Policarpo Sanz nas proximidades da Porta do Sol.
-
07Balcóns
Rúas sen identificar do casco vello.
-
08Areal
Zona do Areal e dos primeiros ensanches antes dos recheos, co casco vello á dereita e o Castro arriba á esquerda.
-
09A Pedra
Antigo mercado da Pedra, á esquerda, coa concatedral ao fondo.
-
10Barcos no Berbés
Barcos amarrados nas portas do Berbés.
-
11San Francisco
O convento de San Francisco sobre a ribeira do Berbés.
-
12Primeiros recheos
Sucesivos peiraos a base de recheos foron afastando Vigo do mar.