David Reinero

Unha ducia de mudanzas na costa galega na última década vistas dende o aire

A finais de 2006 a Xunta bipartita vetou temporalmente calquera nova construción nos primeiros 500 metros da costa. Fíxoo de xeito cautelar mentres ordenaba que se podería construír e onde a través do Plan de Ordenación do Litoral, para o que en 2008 se realizaron varios voos que tiraron fotografías oblicuas de toda a costa galega. Dez anos despois esas imaxes permiten comprobar como cambiou o litoral neste tempo, fundamentalmente con novas grandes infraestruturas.

  1. 01

    Ribadeo

    En 2008 estaba a ampliarse a Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo no marco da construción da A-8.

  2. 02

    Barreiros

    A protección do litoral chegou tarde a Barreiros, onde en 2008 xa estaban a medio construír milleiros de novas vivendas de xeito disperso que pouco antes o bipartito ordenara deter.

  3. 03

    Loiba

    En 2008 Loiba, en Ortigueira, xa tiña algunhas das mellores paisaxes do mundo malia non haber banco no que sentar.

  4. 04

    Porto Exterior de Ferrol

    En 2008 o Porto Exterior de Ferrol, planificado antes que o da Coruña, tiña os seus traballos de construción notablemente avanzados. Hoxe aínda carece de acceso ferroviario.

  5. 05

    Porto Exterior da Coruña

    En 2008 o Porto Exterior da Coruña aínda se atopaba na fase construtiva de movemento de terras.

  6. 06

    Noia

    En 2008 estaba previsto que a circunvalación de Noia se realizase por terra dando así servizo a varias parroquias, pero posteriormente o PP cambiou o proxecto por unha polémica ponte sobre a ría inaugurada en 2014 que remata xunto ao porto e a praia do Testal.

  7. 07

    Desembocadura do Ulla

    En 2008 aínda non se comezara a executar o gran viaduto do AVE sobre o Ulla inaugurado, co resto do Eixo Atlántico, en 2015.

  8. 08

    Arcade

    Co vello paso de Pontesampaio ao fondo, en 2008 aínda se estaba comezando a executar a nova ponte para o AVE en Arcade que se sumou á da estrada nacional e a do ferrocarril vello, hoxe sen uso.

  9. 09

    Rande

    En 2008 a ponte de Rande aínda estaba lonxe de presentar a súa figura actual, cos seus novos carrís exteriores inaugurados o pasado decembro.

  10. 11

    Vigo

    En 2008 o peirao do Areal en Vigo aínda non fora ampliado co novo e polémico recheo

  11. 12

    Cíes

    Pouco antes de que se tirasen as fotos para o Plan do Litoral viña de ser derrubado con explosivos o monolito de homenaxe a Franco que existía nas illas Cíes xunto ao peirao da praia de Rodas, que daquela aínda non fóra ampliado.