Unha ducia de patrimonios da humanidade galegos (presentes ou futuros)
A Ribeira Sacra vén de ser elixida como a candidatura que presentará España ante o Comité do Patrimonio Mundial da Unesco na súa reunión de 2021. Repasamos unha ducia de bens galegos que xa teñen recoñecementos da Unesco ou que aspiran a telos.
- 
                             01 01Cidade vella de Santiago de CompostelaO primeiro Patrimonio da Humanidade declarado en Galicia obtivo o recoñecemento en 1985. 
- 
                             02 02Camiño francés a SantiagoA principal ruta de peregrinación a Compostela foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1993. 
- 
                             03 03Camiños do norteO anterior ben xa considerado patrimonio do Camiño francés foi ampliado en 2015 para incluír tamén como protexidos os camiños do norte a Santiago. 
- 
                             04 04Muralla de LugoO mellor exemplo de fortificación romana en Europa occidental foi declarado Patrimonio da Humanidade en 2000. 
- 
                             05 05Torre de HérculesO único faro da antigüidade que segue en funcionamento obtivo o recoñecemento en 2009. 
- 
                             06 06Construción con cachotaríaAdemais de bens concretos, as técnicas galegas de construción con cachotaría ou pedra en seco tamén están recoñecidas como patrimonio inmaterial da humanidade desde 2018. 
- 
                             07 07Xeoparque do CourelEn 2019 a Unesco declarou o Courel como primeiro Xeoparque Mundial en Galicia. 
- 
                             08 08Ribeira SacraNa lista de candidatas do Estado desde 1996, xunto con outra trintena de bens, o próximo ano será a elixida para probar sorte ante a Unesco. 
- 
                             09 09Ferrol da IlustraciónNa lista de aspirantes estatais desde 2007, Ferrol agarda o seu momento. 
- 
                             10 10Ancares-SomiedoTamén desde 2007 agarda na lista de aspirantes estatais esta candidatura conxunta de Galicia, Asturias e Castela e León. 
- 
                             11 11Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de GaliciaEse é o nome oficial da candidatura que desde 2018 forma parte da lista oficial de aspirantes do Estado, a iniciativa da Xunta, tras enlearse cos límites do ben a protexer co Concello de Vigo, que teima en defender unha candidatura propia. 
- 
                             12 12Capela mozárabe de San Miguel de CelanovaDesde 2019 forma parte da lista oficial de aspirantes estatais unha candidatura baixo o nome 'Grupo de construcións mozárabes da Península Ibérica', entre as que está a capela de San Miguel de Celanova.