Unha ducia de persoeiros que superaron os cen anos
O pasado 7 de setembro o primeiro presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, cumpriu cen anos. Aquí vai unha ducia de persoeiros que tamén superaron o século de idade.
-
01Gerardo Fernández Albor
O primeiro presidente da Xunta naceu o 7 de setembro de 1917 en Santiago e estes días estase a conmemorar o seu centenario.
-
02Teresa Rodríguez Castelao
A irmá pequena de Castelao naceu o 30 de xaneiro de 1899 en Bos Aires e morreu o 23 de marzo de 2000 en Rianxo.
-
03Leni Riefenstahl
A fotógrafa e cineasta célebre pola súa propaganda do nazismo naceu en Berlín o 22 de agosto de 1902 e morreu o 8 de setembro de 2003.
-
04Manoel de Oliveira
O cineasta portugués chegou aos 106 anos. Naceu no Porto o 11 de decembro de 1908 e morreu na mesma cidade o 2 de abril de 2015.
-
05Nelly Omar
“La gardel con polleras”, como era coñecida, foi unha cantante, compositora e actriz arxentina nacida en Guaminí, Bos Aires, o 10 de setembro de 2011 e falecida en Bos Aires o 20 de decembro de 2013. O tango Malena foi dedicado a ela.
-
06Nicanor Parra
O maior da familia Parra, poeta (ou antipoeta) e matemático, naceu o 5 de setembro de 1914 e vén de cumprir 103 anos.
-
07Olivia de Havilland
A actriz naceu o 1 de xullo de 1916 en Toquio e ten xa 101 anos.
-
08Oscar Niemeyer
O arquitecto brasileiro naceu en Río de Janeiro o 15 de decembro de 1907 e faleceu na mesma cidade o 5 de decembro de 2012.
-
09Rose Fitzgerald Kennedy
A matriarca dos Kennedy naceu o 22 de xullo de 1890 en Boston e morreu o 22 de xaneiro de 1995 en Hyannis, Massachusetts, tras sobrevivir a catro dos seus nove fillos.
-
10Kirk Douglas
O actor, nacido o 9 de decembro de 1916, ten xa cen anos.
-
11Soong May-ling
A esposa do presidente chino Chiang Kai-shek, que tivo un destacado papel na política internacional, naceu en Shanghai o 5 de marzo de 1898 e morreu en Nova York o 23 de outubro de 2003.
-
12Ramón Serrano Súñer
O cuñadísimo da muller de Franco, ministro de Exteriores afín ao nazismo, naceu en Cartaxena o 12 de setembro de 1901 e morreu en Madrid o 1 de setembro de 2003.