Marcos Pérez Pena

Unha ducia de podcast en galego para escoitares esta fin de semana

Dende hai anos os podcast mudaron a forma en que escoitamos a radio, abrindo un amplo abano de oportunidades e temas que podemos seguir en múltiples soportes e en calquera momento. No 2006 Podgalego comezou a recoller e difundir os podcast realizados na nosa lingua, unha rica comunidade con programas sobre música, deporte, cine, feminismo, ecoloxía, viaxes, historia ou novas tecnoloxías. Moito onde escoller! Velaquí unha ducia deles.

  1. 03

    Café Derby 21

    Café Derby 21, da man da Revista Luzes, ofrece unha sobremesa cultural e virtual. Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede presentan este podcast que se emite todos os mércores, cada semana cun convidado ou convidada diferente. O último programa inclúe unha entrevista a Chicho do Funk (Ortiga, Boyanka Kostova, Esteban Y Manuel...)

  2. 04

    A Xanela

    A Xanela Podcast é un programa de entrevistas e conversas relacionadas coa actualidade social, política e cultural vencellado á revista en liña do mesmo nome. No último programa entrevistan o economista Xabier Pérez Davila.

  3. 07

    A lareira

    A Lareira é un podcast sobre cine, música, literatura, ciencia e cultura pop presentado por Raquel Besteiro Gestoso.

  4. 08

    Sónica cuántica

    Sónica Cuántica é un programa sobre música clásica que loitan contra a idea de que a música culta é aburrida ou elitista

  5. 09

    Mancomún podcast

    O podcast do portal Mancomún inclúe novas e entrevistas sobre o mundo do software libre galego. O último programa é un repaso ao máis destacado do ano 2020 neste ámbito. 

  6. 10

    Recuncho gamer

    Dirixido por Iago Gordillo, o programa Recuncho Gamer céntrase nos videoxogos, especialmente nos clásicos, e en todo o que rodea estes produtos culturais.

  7. 11

    Coma sempre… O de sempre!

    O podcast 'Coma sempre… O de sempre!' inclúe toda a actualidade do Celta de Vigo. Crónicas, debates, análises, comentarios e entrevistas sobre o equipo da cidade olívica.

  8. 12

    O tigre do futuro

    O podcast 'O Tigre do Futuro' vén de nacer e forma parte do magazine cultural 'A que cheira, papá?'. "Un programa de historias, un oráculo onde peregríns de terras afastadas ofrecen as súas mellores teimas, os temas, contos que non teñen outro lugar onde se agochar"

  9. 13

    Té con gotas

    O podcast Té con gotas, que tamén podedes seguir a través de Praza.gal, é unha iniciativa de Duarte Romero e Miguel Rodríguez, dous xornalistas galegos residentes en Londres que nos achegan e explican a actualidade británica.