Praza Pública

Unha ducia de razóns para achegarse ao Festival 17º Ribeira Sacra Patrimonio

O Festival 17º Ribeira Sacra é música e paisaxe, pero tamén é patrimonio. O certame medrou e agora xa chega ás dúas beiras da Ribeira Sacra. Na súa segunda fin de semana consecutiva, estes 26 e 27 de xullo, combina recunchos naturais privilexiados da Ribeira Sacra ourensá, obras de enxeñaría que asombraron a veciñanza de varios séculos distintos e, por suposto, actuacións musicais a non perder e os viños nados a partir deses 17 graos que tornan a viticultura en heroica. Velaquí unha ducia de razóns para achegarse

  1. 02

    O Parador de Santo Estevo

    O Parador de Santo Estevo  é toda unha xoia románica e barroca que se remonta ao século VI nunha impresionante contorna natural. Un espazo arquitectónico singular que tamén é escenario do 17º Ribeira Sacra.

  2. 03

    María José Llergo

    O Parador de Santo Estevo é, na noite do venres (22:00) o escenario para gozar coas músicas de María José Llergo. Flamenco vivo do século XXI, percusión, bases electrónicas con influxos que chegan de Córdoba e Catalunya.

  3. 04

    Fábrica da Luz de Parada de Sil

    Ás 11 da mañá deste sábado o 17º Ribeira Sacra ofrece a oportunidade de coñecer este fito da enxeñaría civil de comezos do século XX, restaurado nesta década como espazo de divulgación, lecer, formación, gastronomía e contacto coa natureza. A antiga fábrica é o punto de inicio do roteiro para coñecer a contorna.

  4. 05

    A pasarela do río Mao

    A fábrica da luz é o inicio do roteiro da pasarela do río Mao, dous quilómetros e medio para coñecer a flora e a fauna da contorna, achegarse a un souto de castiñeiros e mais á aldea de Barxacova. Tamén para coñecer de preto algúns dos viñedos nos que se practica a viticultora heroica. O prezo da actividade é de 5 euros.

  5. 06

    Allova

    Na Fábrica da Luz de Parada de Sil soarán os ritmos de Allova, trip hop e música electrónica da compositora, cantante e pianista que, entre A Coruña e Madrid, viaxou dende a música clásica e o jazz ata as músicas máis contemporáneas.

  6. 07

    Santa Cristina de Ribas de Sil

    Ás 17:30 do sábado 27, cita co roteiro guiado polo mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. A súa construción ten un aquel de enigma, aínda que xa existen documentos que se refiren á súa existencia no século IX. Incluído na desamortización de 1835, chegou a ser utilizado como vivenda particular e mesmo como corte. O resultado da súa restauración permite visitalo e coñecer a súa historia, así como a súa contorna, na que abondan os carballos.

  7. 08

    Germán Díaz e Benxamín Otero

    Santa Cristina de Ribas de Sil é o espazo no que soarán, o sábado ás 18:00, as músicas de Germán Díaz e Benxamín Otero.  Compositores clásicos e pezas actuais van da man nun repertorio no que instrumentos como o oboe ou o corno inglés se unen ás caixas de música ou á zanfona.

  8. 09

    O castelo de Castro Caldelas

    O sábado, ás 19:15, o 17º Ribeira Sacra ofrece un roteiro por Castro Caldelas, para coñecer o máis destacado do patrimonio da vila. O roteiro culmina no castelo de Castro Caldelas. No cumio de Cima de Vila está a fortaleza que mandara construír no século XVI don Pedro Fernández de Castro e que dende o século XVI pasou de estrutura defensiva a residencia da nobreza. Na porta principal podemos observar os emblemas dos Osorio, dos Castro ou dos Enríquez e na torre do reloxo consérvanse sinais ligadas aos templarios. Este histórico emprazamento é tamén o escenario dos concertos da noite do sábado do festival.

  9. 10

    Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

    Dende ás 20h do sábado é momento para a música no castelo de Castro Caldelas. No escenario estarán Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre coas músicas do seu Noró.

  10. 11

    Os amigos dos músicos

    Os amigos dos músicos tamén estarán no Castelo de Castro Caldelas (con abono ou entrada individual) presentando os temas do seu novo disco, Segundo fogar.

  11. 12

    Aldaolado

    Na noite de Castro Caldelas emerxerán os versos e as músicas de Lucía Aldao e María Lado, poetas todocamiño -que seica tamén pasan ás veces por un consultorio-.