Unha ducia de razóns para asistir á LibreCon
A vindeira semana (29 e 30 de outubro) Compostela acolle un dos eventos máis importantes do mundo sobre tecnoloxías libres e negocio, a LibreCon2015. Unha grande oportunidade para o sector en Galicia e, igualmente, unha porta aberta para que calquera persoa ou empresa poida coñecer de primeira man as solucións que ofrece o software libre. Automoción, educación e Internet das Cousas centrarán os relatorios e presentacións do encontro.
-
01
Educación
Porque o futuro pasa por escolas onde primen valores como a creatividade, o espíritu crítico e o uso responsable da tecnoloxía, convidamos a que participen membros da comunidade educativa en LibreCon 2015, que terá a educación e as aplicacións que o software libre ofrece como un dos seus eixos principais. María José Rodriguez Malmierca (CESGA) falará por exemplo do Proxecto RuralSchoolCloud, que explora as potencialidades da computación cloud e o software libre para mellorar a forma de traballar, colaborar, ensinar e aprender nas pequenas escolas rurais.
-
02
Coche conectado
A última xeración de sistemas de entrememento para automóviles inclúen múltiples características. GENIVI é unha alianza que pretente adoptar unha pila software para entretemento en vehículo baseada en Linux e Open Source. Roberto Zompi contaranos sobre GENIVI e como en Magneti Marelli fan uso das tecnoloxías abertas. Sen olvidarnos do proxecto OSVehicle onde aprenderemos sobre a startup que desenvolve un coche en Software Libre.
-
03
Internet of Things
Grandes empresas como Canonical ou Intel falarán da seguridade ao redor do Internet das Cousas. Ademáis, terás a posibilidade de presenciar relatorios que falan do "Internet das Vacas", "Transformando o mundo industrial PLC con Internet das Cousas" ou como se "Convirte a túa casa nun Smart Home"
-
04
Conferencias
Porque escoitarás aos relatores/as responsables dalgúns dos proxectos na crista da innovación. Estes son algúns dos relatores/as desta nova edición:
* Victor Tucson Palau. Vicepresidente de Canonical.
* Roberto Zompi. Vicepresidente de GENIVI e Enxeñeiro Avanzado en Infotaiment para Magneti Marelli. Convidado por R.
* Dominig ar Foll. Arquitecto Software en Intel Open Source.
* Jim Groom. Director da división de tecnoloxías de enseñanza e aprendizaxe na Universidade de Mary Washington
* Tin Hang Liu. CEO de OSVehicle. -
05
Networking
A través das reunións bilaterais, encontros en pausas de café e o evento social do xoves ás 21 horas, LibreCon 2015 será un lugar propicio para xerar novos contactos e facer networking.
-
06
Negocios
Co obxectivo de compartir coñecemento e xerar negocio, máis de trinta charlas e talleres de un gran número de empresas e representantes nacionais como Igalia, ASPGems, Irontec, Televes IBM, SuSE, Microsoft ou Teléfonica estarán presentes na LibreCon 2015.
-
07
Edupunk
Hai lugar para a independencia e a creatividade dentro da informática institucional? Podemos cambiar a localización do control cando se refire á web persoal e á recoleción de datos? Son preguntas que Jim Groom nos responde no seu relatorio sobre EDUPUNK, a resistencia ó complexo militar, consumidor e industrial que erosiona a infraestrutura da web aberta.
-
08
Librekids
As máis pequenas e pequenos tamén teñen o seu lugar en LibreCon. Con dous talleres para nenos e nenas o venres á tarde, onde poderán disfrutar de mimadrinha.com, un proxecto creativo e artesanal e de Escornabot, un proxecto que nace dentro do colectivo Bricolabs, asociación coruñesa dedicada ó cacharreo e fomento das tecnoloxías libres.
-
09
Smarthomes
Internet das cousas estase a converter en tendencia. Nas grandes feiras de tecnoloxía estase a falar das Smart Homes, da conectividade dos dispositivos na casa. LibreCon tamén deixa un lugar para coñecer solucións para as Smart Homes.
-
10
Premios Cluster TIC Galicia
O Cluster TIC lanza os primeiros Premios Cluster TIC de Galicia dentro de LibreCon, uns premios onde elixirán os mellores proxectos dentro do ámbito da Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e o Software Libre.
-
11
Robots submariños
O venres á tarde contaremos con unha sesión no exterior da Cidade da Cultura onde OpenROV nos ensinará como funciona un robot submariño desenvolvido en Software Libre.
-
12
Escolas como hacklabs
As escolas do século XXI deben pasar polas simulacións de traballo colaborativo en base a proxectos que axuden a resolver problemas que acheguen valor social e económico á nosa sociedade. Dentro da área de educación tocaranse os hacklabs como uns dos temas do evento, nun relatorio de Mikel Arbiza