Marcos Pérez Pena

Unha ducia de temazos galegos para este verán

Neste verán tan atípico temos poucos (e estraños) concertos, pero a pandemia non impediu que nas últimas semanas e meses recibísemos un bo feixe de cancións de bandas galegas, auténticos temazos para pasar mellor este tempo de nova normalidade

  1. 01

    Verto: 'Pegadiño a ti'

    Hai un mes os Verto publicaban este vídeo, que lle dá continuidade a Puro Ocio e a temas como 'Oie Gayego'

  2. 02

    Boyanka Kostova: 'Muinheira de Interior'

    Sobre os Boyanka Kostova díxose que son "pioneiros do trap en galego e do twerking rural" e nos últimos anos xa nos deixaron dous albums (Os dous de sempre e Nova Canción Galega) e multitude de singles e eps. Ademais dos moitos proxectos paralelos de Chicho e Cibrán

  3. 03

    Novedades Carminha: 'Mucho Nivel'

    Novedades Carminha levan xa máis de 12 anos sobre os escenarios. O seu último tema, este 'Mucho Nivel', ten apenas un par de semanas, chega con claros aromas a Italo Disco e a Ibiza

  4. 04

    Mundo Prestigio (feat Grande Amore): 'Mundo Nuno'

    Mundo Prestigio e Grande Amore están, xunto con Verto, Oh! Ayatollah e outras bandas, entre unha nova fornada de proxectos musicais galegos sobresalientes e absolutamente contemporáneos. Hai uns meses publicaron en colaboración este 'Mundo Nuno'

  5. 05

    Hard GZ: 'Mortales'

    Hard GZ é, posiblemente, o artista galego con máis éxito do momento, con vídeos que superan as 10 millóns de reproducións en Youtube. Pedro Ruibal, nacido en Vigo en 1995, preséntase tamén como Lil GZ e publicou este tema hai tan só 5 días. 

  6. 08

    Oh! Ayatollah: 'Sempre quero'

    A comezos de xuño Oh! Ayatollah deixábanos este 'Sempre quero', que dá continuidade a Nós contra o mundo ou Todos.xuntos.unidos.sempre, publicadas nos últimos meses

  7. 09

    Triángulo de Amor Bizarro: 'Vixiantes do espello'

    Unha das sorpresas deste verán foi recibir o pasado 25 de xullo a versión en galego dun dos mellores temas do último disco de Triángulo de Amor Bizarro, que xa optaran por esta lingua en 'A Cantiga de Juan C'. Este venres tiñan previsto actuar na Praza de María Pita no marco do festival Noroeste, suspendido pola situación da pandemia na Coruña.

  8. 10

    Blanco Palamera: 'Este mar'

    Os composteláns Manuel Blanco e Xoán Domínguez, Blanco Palamera, publicaron o pasado ano 'Promesas', álbum no que se atopa este tema, do que a comezos deste ano recibimos este videoclip

  9. 11

    Ataque Escampe: 'O que pode un corpo'

    As Ataque Escampe teñen xa unha longa traxectoria ás súas costas, un camiño percorrido con seis discos, dous eps e un bo feixe de cancións soltas, aquí e alá. O seu último ep, A Alma, achegaba cambios no seu son, como se pode ver neste vídeo, que recibimos hai uns meses. A súa actuación deste domingo pola noite na Coruña no festival Noroeste tivo que ser suspendida pola situación sanitaria na cidade

  10. 12

    Rayotaser: 'Todo lo que pido'

    Rayotaser está formado por Álex Mera (Colectivo Oruga) e Pablo López (exIgloo). Hai uns meses publicaron Robocops, un álbum no que se inclúe este 'Todo lo que pido'.

  11. 13

    Projecto Mourente: 'Pouco me importa'

    E, de bonus track, outro regreso, o de Projecto Mourente, que hai uns días nos entregou este tema, o primeiro en 8 anos.