Unha ducia de praias para non bañarse, haxa ou non coronavirus
Máis alá do debate sobre como organizar as praias fronte ao coronavirus, hai que ter en conta que a seguridade sanitaria xa non está garantida para o baño en varios areais galegos, haxa ou non persoas contaxiadas. O Sergas analiza periodicamente a calidade das augas de baño nas praias costeiras e fluviais de Galicia e realiza unha clasificación en función da súa situación nos últimos anos. Tras cinco tempadas consecutivas ofrecendo unha calidade insuficiente, para este 2020 a Xunta estableceu a prohibición permanente do baño nun total de 15 praias marítimas dunha ducia de concellos, que repasamos.
-
01Penaoural (Burela)
-
02A Concha (Cariño)
-
03Barallobre (Fene)
-
04Ver e Centroña (Pontedeume)
-
05Regueiro (Bergondo)
-
06Santa Cruz Porto (Oleiros)
-
07Ría de Barrañán (Arteixo)
-
08Camelle e Area da Vila (Camelle)
-
09Lires e A Concha (Cee)
-
10Virxe do Camiño (Muros)
-
11Testal-Taramancos (Noia)
-
12Peralto (Boiro)