Praza Pública

Unha ducia de vídeos da terceira edición de Youtubeir@s

Este venres coñecemos os gañadores e gañadoras da terceira edición de Youtubeir@s, o certame de creación de vídeos que busca fomentar o uso do galego na rede, no que este ano participaron 252 pezas, inscritas nun total de nove categorías. O 53% dos e das creadoras, procedentes de todo o país, teñen menos de 30 anos

  1. 01

    A palabra máis fermosa do galego

    Axóuxere? Afouteza? Luscofusco? Temos que decidir cal é a palabra máis fermosa do galego. E que pasa se fabricamos unha nova palabra cos fonemas que máis se repiten nas vosas listaxes? O vídeo de aquel -e foi unha das pezas da categoría de vídeo-facermos

  2. 02

    Como se forma un cantil

    Xacobo de Toro explica como se forma un cantil a partir do exemplo de Santa Mariña de Augas Santas (Praia das Catedrais). Video da categoría de vídeo-opinarmos

  3. 03

    Malaxente

    MJ Pérez fixo esta versión de 'Malamente' para celebrar o #DíaDeRosalía. De Rosalía a Rosalía, na categoría de vídeo-cantarmos.

  4. 04

    OrientaConsello. O posto de ordenanza

    Paula Fernández, de Down Compostela, explica e describe as características do posto de ordenanza na canle de OrientaConsello, de Down Galicia. Vídeo finalista na categoría de calidade lingüística.

  5. 05

    Cativos na cociña

    Antonio, un meco do Ghrove nacido en Lima, é o protagonista da canle Cativos na cociña,  na que ensina a cociñar un polbo, unhas filloas, mexillóns ou sardiñas. A canle foi finalista nas categorías de creatividade e calidade técnica.

  6. 06

    Flow do Toxo

    Flow do toxo foi un dos vídeos finalistas na categoría de proposta youtubeira

  7. 07

    O radon: malos modais para un gas nobre

    Aaron Vilariño tivo varios vídeos entre os finalistas, dous deles na categoría de creatividade, e un no de video-facermos, como este

  8. 08

    A substitución lingüística

    Olaxonmario debulla neste vídeo o concepto da 'substitución lingüística', nunha peza finalista na categoría de proposta youtubeira.

  9. 09

    O Queimaserebros

    'O Queimaserebros', de Blanca e Tinta, foi outro dos vídeos finalistas na categoría de Vídeo-Cantarmos.

  10. 10

    21 días improvisando

    Este vídeo de A Rabela amosou a súa habilidade para facer estilo libre de rap durante 21 días, e foi un dos finalistas na categoría de Calidade Lingüística.

  11. 11

    Os Novos: Quero fugir

    Aaron Vilariño realizou este vídeo, finalista na categoría de Calidade Técnica

  12. 12

    Que nos pille rebolando

    Aquel-e foi finalista na categoría de mellor canle. E con este vídeo tamén estivo entre os mellores na categoría de calidade técnica