Unha ducia de webseries galegas dos últimos anos
Hai xa un tempo que as series web están entre nós, convertidas nun escaparate de creatividade e, ademais, unha fenomenal escola de formación parea novos e novas profesionais do audiovisual galego. Hai uns seis anos dedicámoslle estoutra ducia, á que agora engadimos un feixe de novas producións. Ademais, as webseries volverán ser protagonistas dunha nova edición do Carballo Interplay, que comezará o vindeiro 3 de abril
-
01
Dinosaurio
Dinosaurio, a serie foi a gañadora dos últimos Premios Mestre Mateo na categoría de mellor webserie. A produción naceu no Campamento Kamikaze que todos os anos organiza o Carballo Interplay, onde se ideou, gravou e postproduciu en só tres días
-
02
As cousas do Choio
As cousas do Choio, de Román Castaño Frieiro, está a se converter nun dos referentes do youtube galego, premiada xa en youtubeir@s e finalista nos Mestre Mateo. Juan O Choio explica en breves vídeos “como entender a xuventude”, “como dar cartos ás agachadas”, “Como escaquearse dunha comida familiar”, ou “como ter ben mantido o can”.
-
03
Generación Wifi
Generación Wifi, escrita e dirixida por Julia Castro, foi finalista nos Mestr Matreo do pasado ano. En Youtube podemos ver tres capítulos
-
04
Peter Brandon. Unha vida pola comedia
Peter Brandon. Unha vida pola comedia foi a web serie gañadora dos Mastre Mateo no ano 2018. A produción de Porco Bravú é outro dos varios proxectos impulsados polo Carballo Interplay. En Youtube podemos ver tres capítulos.
-
05
Dalle Jas!
Dalle Jas! É unha produción do Grupo de Teatro Triatreros. Foi finalista dos Mestre Mateo e chegou a gravar dúas tempadas completas de seis capítulos cada unha.
-
06
Galicia Crime
En Youtube poden verse os seis capítulos da primeira tempada de Galicia Crime, gañadora dos Mestre Mateo no ano 2017. A produción de CousasVeredes supera as 5.000 reproducións no seu capítulo máis visto.
-
07
Mamá, pon la Webcam
Mamá, pon la Webcam pasou polo Miami WebFest, Bilbao WebFest e o Sicily WebFest, ademais de polos Mestre Mateo, onde foi finalista. A serie de Jose Carlos Illanes amosa a relación coa súa familia dunha rapaza pija do barrio madrileño de Salamanca
-
08
El método sueco
El método sueco foi a primeira serie de Porco Bravú e gañou os Mestre Mateo en dúas edicións consecutivas (2015 e 2016). O seu primeiro capítulo vai polas 18.000 reproducións.
-
09
Clases de lo social
Clases de lo social, unha produción dirixida por Pablo Cacheda de Paz e escrita por el e por Dian López, vai polos 14.000 visionados. A serie producida por Volvemos a primera, conta no seu elenco con actores como Carlos Blanco, Santi Romay ou Federico Pérez.
-
10
Entre Pipas
Entre Pipas gañou os Premios Mestre Mateo no ano 2014. Con actores como Luis Zahera ou Xúlio Abonjo, supera xa as 56.000 reproducións.
-
11
Angélica y Roberta
Angélica y Roberta, protagonizada por Sandra Lesta (Angélica) e Sonia Méndez (Roberta) foi a gañadora do pimeiro premio á mellor webserie galega entregado nos Mestre Mateo, no ano 2013. Consta de dúas tempadas de seis capítulos e incorpora a música de Novedades Carminha na cabeceira e de SraSrSra nos recursos.
-
12
Joke Business
Joke Business emitiu a súa media ducia de capítulos hai xa seis anos. A serie de Israel Nava e Deborah Vukusic estaba centrada no mundo do audiovisual e por ela pasaron actores como Monti Castiñeiras ou Morris