Unha ducia de xentes do leite
O Concello de Curtis vén de editar un libro, Xentes do leite, no que o fotógrafo, veterinario e actor José Luís Míguez Vázquez fai un percorrido visual por medio cento de profesións e actividades ligadas ao sector lácteo para contribuír a poñelo en valor. Seleccionamos a xeito de exemplo unha ducia desas xentes do leite.
-
01Sandra, servizo de substitución de muxido
-
02José Antonio, condutor de carro unifeed
-
03Nuria, responsable de calidade nunha industria láctea
-
04Damián, transportista de pensos
-
05María Ángeles, técnica de reprodución
-
06Javier, peritaxe de sinistros pecuarios
-
07Ana María, laboratorio de forraxes
-
08Gonzalo, mecánico de maquinaria agrícola
-
09Luis Eduardo, vaqueiro
-
10Marcos, fabricación de salas de muxido
-
11Marta, comercial de millo forraxeiro
-
12Esperanza, agrupación de defensa sanitaria