A variación interanual do Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou lixeiramente no mes de agosto, pasando do 11,5% de xullo ao actual 11%. Con todo, a inflación segue en niveis nunca vistos nas últimas décadas
A variación interanual do Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou lixeiramente no mes de agosto, pasando do 11,5% de xullo ao actual 11%. Con todo, a inflación segue en niveis nunca vistos nas últimas décadas e, ademais, o dato galego mantense por riba da media estatal, que en agosto fica no 10,5%, cun descenso de tres décimas dende o 10,8% de xullo. A variación mensual dos prezos en agosto, aínda que máis contida que en meses anteriores, volveu amosar un encarecemento da vida, tanto en Galicia (+0,1%) coma no conxunto de España (+0,3%).
A inflación en Galicia sitúase moi por riba do dato da Comunidade de Madrid, que rexistra o menor encarecemento de prezos no Estado (+9,3%), Canarias (+9,5%), Cantabria (10,1%) ou Cataluña (10,2%). O IPC interanual do noso país, iso si, está por debaixo do que sofren territorios como Castela-A Mancha (+12,6%), Castela-León (11,8%) ou Estremadura (+11,5%).
A elevada inflación segue a ser responsabilidade das facturas de luz, gas e auga, cun incremento do 52,3% nos últimos 12 meses, e dos combustibles (26,7% no último ano), aínda que neste caso, a evolución dende comezos do verán é dun claro descenso
Aínda que os prezos subiron nos últimos meses na maior parte de capítulos de gasto, a elevada inflación segue a ser responsabilidade, principalmente, das facturas de luz, gas e auga, cun incremento do 52,3% nos últimos 12 meses, e dos combustibles (26,7% no último ano), aínda que neste caso, a evolución dende comezos do verán é dun claro descenso. De feito, en agosto, os carburantes baixaron un 7,6% con respecto a xullo.
Tamén se encarecen os alimentos elaborados (+13,4%) e, entre os non elaborados, destacan as subas interanuais de ovos e leite (ao redor do 30%), cereais e aceite (ao redor do 20%) e das carnes de vacuno e ave e as legumes e hortalizas frescas, que superan claramente o 10%.
Nas últimas semanas a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, propuxo un acordo con supermercados e hipermercados para impulsar unha "cesta da compra equilibrada e sa" de alimentos esenciais a un prezo accesible para aliviar os gastos das familias ata despois do Nadal. Con todo, a proposta chocou xa co rexeitamento da maior marte do sector da distribución
Tamén se encarecen os alimentos elaborados (+13,4%) e, entre os non elaborados, destacan as subas interanuais de ovos e leite (ao redor do 30%),
Aínda que no mes de agosto a inflación se contivo, grazas ao abaratamento das gasolinas, os prezos seguen moi altos e hai varios indicadores que amosan que van manter estes niveis elevados aínda durante varios meses. Un deles é a evolución da denominada inflación subxacente, que non inclúe alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos. Este índice é considerado habitualmente máis confiable para seguir a evolución dos prezos no medio e no longo prazo, pois é máis estable que o índice xeral, que está máis suxeito a subas e baixadas puntuais.
Esta semana o BCE acordou unha suba de tipos de xuro do 0,75, a maior da súa historia nunha soa sesión, un movemento que probablemente será continuado por novos incrmentos antes de final de ano, que busca conter a inflación.
A diferenza do índice xeral, a inflación subxacente mantívose en ascenso en agosto, situándose no 7% en Galicia e no 6,4% no conxunto do Estado, o seu nivel máis alto dende 1993
A diferenza do índice xeral, a inflación subxacente mantívose en ascenso en agosto, situándose no 7% en Galicia e no 6,4% no conxunto do Estado, o seu nivel máis alto dende 1993. No último ano, este indicador non deixou de subir en ningún momento; aínda que a finais do pasado ano -cando a suba da inflación estaba provocada, sobre todo, polo aumento do prezo da luz e dos carburantes- o seu nivel mantíñase baixo (menos do 3%), no que levamos de 2022 disparouse.