O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu un 0,8% en setembro en relación ao mes anterior e mantén a súa escalada, que xa dispara a taxa interanual ata o 4%, o seu nivel máis alto desde setembro de 2008, cando o incremento chegara ao 4,5%.
Os datos publicados polo INE este mércores de avance do IPC de setembro suporían, de confirmarse, un aumento de sete décimas con respecto ao dato de agosto e o sétimo mes seguido de suba, debido fundamentalmente ao encarecemento da electricidade.
"Neste comportamento destaca a suba dos prezos da electricidade, maior este mes que en setembro do ano pasado", destaca o INE, que repara tamén no influxo, aínda que en manor medida, que na suba do IPC están a ter os prezos dos paquetes turísticos, que en 2020 baixaran máis que enste ano, ou que o importe de carburantes e lubricantes para vehículos particulares tamén subiron, fronte ao descenso do pasado exercicio.
O encarecemento da electricidade e, en menor medida, dos carburantes, disparan a inflación a taxas non vistas desde 2008
Os vaivéns que a pandemia provocan na economía afectan tamén aos prezos, logo de que a actividade se reducise ao mínimo cos confinamentos e logo se reactivase de golpe, algo que se traslada tamén ao IPC, agora moi impactado pola suba constante do importe da electricidade. Os elevados prezos do gas natural, do petróleo e dos dereitos de CO2 non dan tregua, ao tempo que se advirte do incremento do custo da vida e da perda constante de poder adquisitivo.
En canto á inflación subxacente, que non ten en conta os prezos dos produtos enerxéticos nin dos alimentos non elaborados por seren os máis volátiles, situaous no 1%, tres décimas por riba da de agosto e tres pountos por baixo do IPX xeral, o que supón a maior diferenza entre ambas taxas desde o inicio da serie en 1986.
Pola súa banda, o índice de prezos de consumo harmonizado, que mide a evolución dos prezos co mesmo método en toda a zona euro, situouse tamén o 4% interanual, sete décimas por riba do de agosto, e no 1,1% mensual.
Porque a inflación non é exclusiva de España nin de Europa, onde roldou tamén o 4% en Alemaña en agosto, o 3,2% no Reino Unido, o 1,9% en Francia ou o 2,4% nos Países Baixos.