O sector, que agrupa a empresas de automoción, aeronáuticas, farmacéuticas, químicas ou informáticas, entre outras, acadou unha cifra de negocio de 16.374 millóns de euros en 2022
O sector industrial galego de alta e media tecnoloxía continúa en crecemento e no ano 2022 acadou un novo máximo de facturación, cun crecemento do 19% dende o 2021 e unha tendencia de ascenso moi clara na última década. O sector, que agrupa a empresas de automoción, aeronáuticas, farmacéuticas, químicas ou informáticas, entre outras, acadou unha cifra de negocio de 16.374 millóns de euros en 2022, último exercicio con datos dispoñibles, segundo a información publicada polo Instituto Nacional de Estatística.
O dato supón un grande incremento en relación ao ano 2021 (13.773 millóns, un 19% máis), o ano 2020 (12.714 millóns, un 29% máis en dous anos). No conxunto do Estado a mellora no ano 2022 foi tamén moi importante, aínda que algo inferior á galega, cunha suba do 16%.
O dato supón unha suba do 19% nun ano e do 29% en dous anos
Os datos do INE amosan tamén un aumento no número de empresas e outros establecementos dedicados á producións de bens e servizos de alta tecnoloxía, que superan as 4.500 en toda Galicia, fronte ás preto de 3.000 do ano 2015.
Desa cifra de negocio total, a maior parte corresponde ao sector manufactureiro (13.565 millóns), moi por diante da xeración de servizos de alta tecnoloxía (2.808 millóns). Destaca, por riba de todo a produción no sector da automoción (considerado un sector de tecnoloxía media-alta) e tamén a industria química.
Os datos publicados polo INE veñen engadirse a outros indicadores coñecidos nos últimos meses, como os referidos ás exportacións galegas produtos de alta tecnoloxía, que se duplicaron dende o ano 2016
Os datos publicados polo INE veñen engadirse a outros indicadores coñecidos nos últimos meses, como os referidos ás exportacións galegas produtos de alta tecnoloxía, que se duplicaron dende o ano 2016, pois en 2023 Galicia exportou alta tecnoloxía por un valor de 633 millóns de euros, un 50% máis que en 2021 e o dobre que hai sete anos.
Destaca por riba de todos o sector químico, responsable da metade das exportacións de alta tecnoloxía de Galicia en 2023 e que multiplicou por dez o valor destes envíos en pouco máis de 15 anos. Ademais, en 2023 disparáronse as vendas ao exterior de empresas do ámbito da aeronáutica e da industria aeroespacial.
As empresas galegas que se dedican á alta tecnoloxía están a aumentar o número de traballadores e traballadoras que empregan
En paralelo ao incremento das vendas no exterior, as empresas galegas que se dedican á alta tecnoloxía tamén están a aumentar o número de traballadores e traballadoras que empregan. O meirande incremento deuse nas empresas galegas dedicadas á servizos de alta tecnoloxía ou de tecnoloxía punta, que aumentaron o seu persoal nun 43% entre 2016 e 2021