CC.OO. e UGT reclaman á patronal maiores subas de salarios para "un reparto xusto" ou "haberá conflito"

Cabeceira da manifestación de CCOO e UGT en Vigo © UGT

CC.OO. e UGT levaron a cabo o seu acto central deste 1º de maio en Galicia na cidade de Vigo, cunha manifestación que reuniu milleiros de persoas e que estivo encabezada por unha faixa na que se podía ler "Subir salarios. Repartir beneficios. Baixar prezos", a mensaxe máis repetida polos líderes das dúas centrais sindicais, puxeron o foco na necesidade de que a patronal asuma a necesidade de incrementar máis os salarios para compensar o encarecemento dos prezos que se vén producindo no último ano e medio. 

José Antonio Gómez (UGT) e Amelia Pérez (CCOO) lembraron que no medio da actual crise de prezos as grandes empresas están a rexistrar cifras récord de beneficios e instáronas a avanzar cara a un "reparto xusto da riqueza"

En Vigo José Antonio Gómez (UGT) e Amelia Pérez (CCOO) lembraron que no medio da actual crise de prezos as grandes empresas están a rexistrar cifras récord de beneficios e instáronas a avanzar cara a un "reparto xusto da riqueza". En caso contrario, advertiron, os vindeiros meses estarán marcardos pola conflitividade laboral na procura duns incrementos salariais cos que traballadores e traballadoras non perdan poder adquisitivo. Os últimos datos do INE sobre custos laborais, do derradeiro trimestre de 2022, indican un incremento dos soldos nun ano do 2,7% en Galicia, fronte ao 4,7% no Estado. Naquela altura, a variación interanual do IPC situábase en Galicia no 6,4%.

Cabeceira da manifestación de CCOO e UGT na Coruña © CCOO

CCOO e UGT marcharon xuntos en todas as cidades, agás en Pontevedra e Lugo, onde se manifestaron por separado, e Viveiro, onde só convocou CCOO. A unidade si estivo presente na Coruña, a segunda marcha máis numerosas despois da de Vigo, Ferrol, Compostela, Ourense e Vilagarcia.

CCOO e UGT marcharon xuntos en todas as cidades, agás en Pontevedra e Lugo, onde se manifestaron por separado

CCOO denuncia que "en boa parte, a suba dos prezos vén determinada polo exceso de beneficios empresariais", pois "as empresas repercuten o custo das subas dos produtos enerxéticos no prezo final dos bens e servizos para manteren as súas marxes de beneficios". "Así, provocan que os efectos desta crise estean recaendo sobre as maiorías sociais, as traballadoras e os traballadores, e con efectos moi graves nos segmentos máis vulnerables da poboación", critica o sindicato.

Manifestación de CCOO e UGT en Compostela © UGT

CCOO denuncia que "en boa parte, a suba dos prezos vén determinada polo exceso de beneficios empresariais"

O sindicato destaca que a campaña 'Salario ou conflito' lanzada durante o 2022 "deu bos resultados e debe seguir adiante", subliñando que "naqueles sectores onde hai organización sindical, cultura negociadora, vínculo da clase traballadora ao convenio, e nos que se fomenta a participación directa das traballadoras e os traballadores nos procesos de negociación e, chegado o caso, de mobilización, os convenios colectivos foron mellores". "Temos un reto por diante e imos por el. Se a clase empresarial non senta nas mesas de negociación con propostas realistas, que recuperen o poder de compra dos salarios, recruará o conflito e serán os únicos responsables", sinala a central.

O secretario xeral de UGT-Galicia fixo un chamamento á CEOE para que "sente e comece a falar e a tratar de pechar un acordo para a mellora dos salarios". Se non é así, anunciou, "haberá conflito"

De igual xeito, o secretario xeral de UGT-Galicia fixo un chamamento á CEOE para que "sente e comece a falar e a tratar de pechar un acordo para a mellora dos salarios". Se non é así, anunciou, "haberá conflito". "A día de hoxe xa se están a desenvolver mobilizacións en determinados sectores, precisamente, para demandar melloras salariais que lles permitan afrontar unha economía marcada pola alta inflación e os elevados tipos de xuro", lembra o sindicato.

Cabeceira da manifestación de CCOO e UGT en Vigo © UGT

UGT e CCOO tamén puxeron sobre a mesa "a dignificación das indemnizacións por despedimento". "Temos que avanzar cara a un custo do despedimento suficientemente disuasorio, xusto e adecuado ás circunstancias sociais, vitais e de reempregabilidade", sinalaron

UGT tamén puxo sobre a mesa "a dignificación das indemnizacións por despedimento". "A firma por parte de España en 2021 da Carta Scoial Europea, que é de obrigado cumprimento, obriga a protexer o emprego. E no noso país é aínda barato despedir e demasiado fácil. Temos que avanzar cara un custo do despedimento suficientemente disuasorio", sinalou o seu secretario xeral en Galicia.

"Temos que avanzar cara a un custo do despedimento suficientemente disuasorio, xusto e adecuado ás circunstancias sociais, vitais e de reempregabilidade das persoas vítimas de decisións inxustas", engadiu pola súa banda CCOO, que concorda no mesmo obxectivo

Nas marchas, os dous sindicatos tamén puxeron de relevo "as conquistas sociais e laborais que conseguimos mediante o diálogo social e que supoñen gañar dereitos e mellorar a vida das persoas traballadoras"

Nas marchas, os dous sindicatos tamén puxeron de relevo "as conquistas sociais e laborais que conseguimos mediante o diálogo social e que supoñen gañar dereitos e mellorar a vida das persoas traballadoras". Neste senso, CCOO subliña "dúas grandes reformas" aprobadas na actual lexislatura: a reforma laboral e a reforma da Seguridade Social, así coma "as medidas sociais e económicas tomadas para afrontar as crises vividas". Así mesmo, lembran que ante o novo ciclo electoral que está a piques de comezar, "non é o mesmo quen goberne" e alertan de que "o risco reaccionario está na sociedade española máis presente ca nunca desde a transición á democracia".

De igual xeito, UGT destacou tamén as medidas adoptadas nos últimos anos polo goberno de PSOE e Unidas Podemos "que melloraron as condicións sociais e laborais dun amplo sector da poboación nesta país", salientando por exemplo "as progresivas subas do SMI, con preto de 100.000 persoas beneficiadas na nosa Comunidade, hoxe nos 1.080 euros"

Cabeceira da manifestación de CCOO e UGT en Ourense © UGT

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.