A estabilidade marcou os datos de desemprego e de afiliación de febreiro en Galicia, con variacións moi leves en todos os indicadores. Este adoita ser un mes de transición nas dinámicas de emprego, xusto antes de que comece -case sempre en marzo- un período de cinco meses de creación neta de postos de traballo, de cara á tempada estival.
En febreiro as inscricións nas oficinas de emprego diminuíron en 956 persoas no noso país, unha leve diminución do -0,66%, e a cifra total fica nas 144.092
En febreiro as inscricións nas oficinas de emprego diminuíron en 956 persoas no noso país, unha leve diminución do -0,66%, e a cifra total fica nas 144.092. Mentres, no conxunto do Estado houbo un pequeno incremento no número de persoas desempregadas (2.618), o que deixa a cifra total nos 2.911.015, un aumento do 0,09%, sobre todo debido aos datos de Madrid, Murcia e Canarias, onde o paro aumentou de forma clara.
En calquera caso, con respecto ao mes de febreiro do pasado ano, o número de persoas inscritas nas oficinas de emprego diminúe no Estado en máis de 200.000 (un 6,45% menos) e en Galicia en algo máis de 10.000 (-6,74%).
En febreiro aumentou lixeiramente o número de persoas afiliadas á Seguridade Social, é dicir, traballando. En Galicia o aumento foi de 5.086 traballadores e traballadoras (un 0,49% máis)
En febreiro aumentou lixeiramente o número de persoas afiliadas á Seguridade Social, é dicir, traballando. En Galicia o aumento foi de 5.086 traballadores e traballadoras (un 0,49% máis). Os datos de afiliación á Seguridade Social tamén amosan no conxunto do Estado unha mellora clara en febreiro, cun aumento de 88.918 traballadores e traballadoras con respecto ao mes de xaneiro (81.808 en termos desestacionalizados), un 0,44% máis.
Con respecto ao mes de febreiro do pasado ano, hai 9.678 persoas máis traballando en Galicia (un 0,94% máis) e case medio millóns máis no conxunto de España (un 2,42% máis).
En febreiro o paro descendeu en Galicia en todos os sectores, agás no colectivo de persoas sen emprego anterior
En febreiro o paro descendeu en Galicia en todos os sectores, agás no colectivo de persoas sen emprego anterior. De igual xeito, no conxunto de España o leve incremento da cifra total de persoas desempregadas se debeu principalmente ás novas inscricións de persoas sen un emprego anterior (+10.139), mentres que o paro descendeu tanto no sector servizos, na industria e na construción, e aumentou un chisco no sector primario.
Os datos de febreiro amosan tamén a continuidade dos efectos positivos da reforma laboral, aprobada hai algo máis dun ano. No conxunto do Estado a porcentaxe de persoas traballando con contrato temporal reduciuse ata acadar o mínimo histórico do 14% dos afiliados, mentres que antes da reforma a media era do 30%. Entre as persoas menores de 30 anos, a temporalidade retrocedeu 30 puntos, do 53% ao 22%.
No conxunto do Estado a porcentaxe de persoas traballando con contrato temporal reduciuse ata acadar o mínimo histórico do 14% dos afiliados, mentres que antes da reforma a media era do 30%
En conxunto, agora hai 2,5 millóns de afiliados máis con contrato indefinido que en decembro de 2021, o último mes antes da entrada en vigor da reforma. De feito, a metade (o 53%) das persoas que tiñan un contrato temporal nos primeros meses do pasado ano 2022 e que seguen en alta na Seguridade Social (ao redor de catro millóns de persoas en todo o Estado) pasaron a ter un contrato indefinido. Deses catro millóns, máis de dous millóns son agora indefinidos, a inmensa maioría indefinidos ordinarios (1.736.966) e 407.688 fixos descontinuos.
Pola CIG, o seu secretario confederal de Emprego, Francisco González Sío, valorou como "positivos" os datos feitos públicos polo Ministerio de Traballo, pero alertou de que “os contratos indefinidos a tempo parcial, ou fixos descontinuos superan con creces, e con moita diferenza, os datos de fixos ordinarios” e criticou que dende a aprobación da nova reforma laboral estas modalidade “se están a converter nunha norma por parte das empresas, xa que o contrato por defecto está sendo o fixo descontinuo ou o a tempo parcial, polo que os traballadores e traballadoras non están a xornada completa”.
Para UGT, os datos coñecidos este xoves "refliten a estabilidade do mercado laboral tras máis dun ano de implantación da reforma laboral, cuxo dinamismo se mantén á vez que o fai a calidade do emprego creado, en tanto que o contrato indefinido segue aumentando o seu peso mes tras mes". Con todo, o sindicato considera que esta "positiva dinámica de contratación e emprego" non pode "ocultar aspectos do mercado laboral que seguen mostrando un comportamento moi preocupante" e cita os datos do paro de longa duración, "que seguiron manténdose moi elevados". Segundo os últimos datos da EPA, en Galicia 47.000 persoas levan máis dun ano en situación de desemprego.