Semana tráxica en Pontevedra: tres traballadores morren en accidentes laborais

Vista área das instalacións do estaleiro San Enrique, antigo Vulcano. © Vulcano

A estatatística máis sinistra do eido laboral experimentou unha abrupta suba nos últimos días debido as tres mortes acaecidas entre o pasado mércores, e este mesmo luns, 18 de marzo en Vigo e Vilanova.Tiñan 50, 25 e 36 anos.

En menos dunha semana o sur de Galicia rexistrou a morte de tres traballadores que perderon a vida desepeñando a súa tarefa profesional, no sector naval, na construción e no sector industrial. Dous deles foron en Vigo e outro no concello de Vilanova de Arousa. Tiñan 50, 25 e 36 anos.

A estatística máis sinistra do eido laboral experimentou unha abrupta suba nos últimos días debido as tres mortes acaecidas na área de Vigo entre o pasado mércores, 13 de marzo, e este mesmo luns, 18. 

Dous operarios manexan guindastres nunha obra. CC-BY-SA Xunta

O primeiro sinistro mortal lugar nas instalacións do estaleiro San Enrique, antigo Vulcano, o pasado mércores. O empregado, de 50 anos, perdeu a vida tras caer desde a cuberta dunha nave onde estaba a traballar

O primeiro sinistro mortal lugar tivo lugar nas instalacións do estaleiro San Enrique, antigo Vulcano, no barrio vigués de Teis. O suceso aconteceu o pasado mércores pouco antes das nove da mañá. O empregado, de 50 anos, perdeu a vida tras caer desde a cuberta dunha nave onde estaba a traballar, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Fontes sindicais explicaron que o home traballaba para unha empresa de construción que instalaba paneis solares na factoría naval.

Apenas 48 horas despois, un mozo de 25 anos morreu mentres traballaba nunha obra dunha casa particular na zona de Alcabre. O home faleceu tras ser golpeado por unha pá no lugar de Viña Grande, segundo informaron desde a Axega.

Finalmente, este luns os servizos de emerxencias informaron da morte dun operario de 36 anos que quedou atrapado nunha máquina de cortar madeira. O sinistro tivo lugar na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa.

Mobilización no naval

Tras o accidente mortal do mércores o sector naval parou en Vigo e centos de traballadores e traballadoras mobilizáronse polas rúas de Vigo o xoves para exixir a mellora das condicións de seguridade no sector. A marcha de protesta comezou na avenidade Beiramar e concluíu nas instalacións da delegación da Xunta. 

Traballadores e traballadoras do naval de Vigo durante a protesta do 15 de marzo por Beiramar. CC-BY-SA UGT-FICA Vigo

Dende a CIG destacaron a resposta “maioritaria e solidaria” do persoal do naval e detallaron que se trata da terceira morte rexistrada no sector industrial da provincia de Pontevedra no que vai de ano e a terceira que ten lugar no naval dende 2022.

A central sindical demanda a convocatoria de Mesa do Naval para abordar a alta sinistralidade no sector, xa que ademais de accidentes mortais son habituais outros de menor gravidade, segundo explicaron. “É necesario potenciar a figura do recurso preventivo e un maior control da coordinación de actividades dentro dos estaleiros, así como rematar con calquera tipo de precariedade e esixir o cumprimento estrito do convenio colectivo”, subliñaron.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.