Voltar

Fálase

  • Fálase | Os abusos na Igrexa e investigalo "todo"

    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal analizamos o contraste entre o discurso do arcebispado de Santiago sobre a investigación de abusos sexuais na Igrexa e as retesías que amosa ao respecto o Goberno galego, botando man da hemeroteca e tamén das posturas máis recentes dos principais grupos políticos do país. Tamén nos achegamos a VINTE, con "Ana come pan" e moita música

  • Fálase | Bancos pechados e o exemplo vital de Rafael Pillado

    O segundo episodio de Fálase céntrase nos datos que acreditan que Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974 e repasa as orixes de parte do problema, coa fusión das desaparecidas grandes caixas galegas. Tamén escoitamos as reflexións de Rafael Pillado, veterano traballador e sindicalista do naval ferrolán que vén de revelar que padece un cancro provocado polos anos en que tivo que manipular amianto.

  • Fálase: un podcast do que se fala en Praza.gal

    Nace o primeiro podcast informativo producido por Praza.gal coa vontade de explicar, contextualizar ou resumir algunhas das informacións nas que traballamos. Neste primeiro episodio abordamos a suba dos prezos da vivenda de alugueiro e o escaso balance do primeiro ano do teléfono 'antiocupacións' da Xunta. Tamén nos achegamos a VINTE coa súa directora, María Yáñez, onde se fala da enorme vaga expansiva do paso das Tanxugueiras polo Benidorm Fest, pero tamén de moita máis música e dun podcast da casa: Café Derby 21