Voltar

Fálase

  • Fálase | Nicolás G. Casares: "Lexislei máis nunha lexislatura que o resto de eurodeputados galegos en 15 anos"

    Entrevistamos o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, referente do PSdeG na candidatura do PSOE para as eleccións europeas do 9X. Con el conversamos sobre o balance do seu labor na Eurocámara en áreas como a reforma do mercado eléctrico e abordamos asuntos como a transición ecolóxica, o proxecto de Altri ou os riscos dun continente gobernado pola dereita e a extrema dereita

  • Fálase | Entrevista con Ana Miranda: "Son unha deputada antifascista e por iso me insultan"

    Recibimos neste episodio do Fálase a Ana Miranda, eurodeputada do BNG e candidata a seguir séndoo os vindeiros cinco anos. "O escano do BNG ten unha axenda galega sen render contas: gobernamos nós a nosa casa, tamén no Parlamento Europeo", defende nesta entrevista, na que que subliña a importancia duns comicios que tamén ve clave para frear a extrema dereita

  • Fálase | As Letras de Luísa Villalta

    Este ano estamos a seguir os pasos de Luísa Villalta. Dramaturga, narradora, ensaísta, filóloga, violinista, profesora e poeta. A artista coruñesa homenaxeada no Día das Letras pola Real Academia Galega ten tantas facetas que adentrarse na súa obra é toda unha aventura. Neste episodio do Fálase contamos coas escritoras e mestras Beatriz Maceda e Eli Ríos, que están a vivir con intensidade as celebracións deste 2024

  • Fálase | Nun bar con máis cuñados

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, Ana G. Liste senta con Federico Pérez e Iolanda Muíños para, entre polbo e ribeiro, conversar sobre +Cuñados, o filme co que volven ás pantallas tras o éxito e gargalladas da primeira parte e que chega ás salas de cinema este 19 de abril con arrecendo a entroido ourensán

  • Fálase | Da anestesia política galega ao doutor Slump

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, tentamos pasar á sección de espertar para ver se, entre a anestesia, temos algo que falar sobre o panorama político do país saído das eleccións que (lembran?) se celebraron hai xa case dous meses. Ademais, Vanesa Vázquez preséntanos os primeiros contidos da nova xeira de VINTE, unha revista en transición

  • Fálase | O que votaron os barrios

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos con Vanesa Vázquez e Miguel Pardo aos barrios máis mozos do país, en Vigo e na Coruña, onde o amplo apoio do BNG levou a non pouca veciñanza a pensar, por unhas horas, que o 18F trouxera consigo o cambio político para Galicia

  • 🔊 Fálase | A loita das enfermeiras non cesa e unha conversa distinta con Ana Pontón

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos máis da reivindicación das Enfermeiras Eventuais en Loita tras unha nova protesta masiva nas oposicións do Sergas celebradas a pasada fin de semana. No espazo de VINTE, con arrecendo a verán, sabemos da conversa con Ana Pontón no Café Derby 21, viaxamos ao Porto e escoitamos músicas para a calor

  • 🔊 Fálase | Anatomía do de Ourense

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, acompáñanos o xornalista ourensán Javier Fraiz para axudarnos a entender un pouco mellor o acontecido en Ourense coas intensas negociacións tras as eleccións municipais, que acabaron desembocando nun novo pacto entre o PP e Jácome, e as súas posibles repercusións locais e galegas

  • 🔊 Fálase | Alfonso de Suíza, alcalde galego

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Alfonso Gómez, novo alcalde da cidade suíza de Xenebra, nacido en Corme. O rexedor, neto de represaliado no franquismo, segue moi ligado ao noso país e cre que a súa chegada ao cargo ten un punto de dobre reivindicación: das súas raíces galegas e da importancia da integración da inmigración nos países de destino

  • 🔊 Fálase | Alcaldías pola esquerda e un goberno progresista que gaña votos

    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos as negociacións en marcha para conformar novos gobernos progresistas en múltiples vilas e cidades e escoitamos algo do que nos contou Lara Méndez, alcaldesa socialista de Lugo, que será reelixida outra volta cos votos de PSdeG e BNG. No espazo de VINTE achegámonos ás Novas Camadas do Festival de Cans, escoitamos a música de Caldo e sabemos do proxecto que quere achegar a política ourensá á mocidade "abandonada"

  • 🔊 Fálase | As municipais foron galegas

    Repasamos os resultados do 28M co foco en lugares significativos polas maiorías ás que deron lugar as urnas e, sobre todo, porque mantiveron unha dinámica propia que, como os resultados galegos en xeral, non encaixan no 'tsunami' da dereita debuxado para o conxunto do Estado. Da Coruña a Vigo detémonos en Santiago, onde Goretti Sanmartín será alcaldesa polo BNG. Tamén debullamos o resultado da gran batalla de Lugo, onde PSdeG e BNG revalidarán os gobernos do Concello e da Deputación malia á forte aposta do PP provincial