Voltar

Fálase

  • 🔊 Fálase | Agro sen terra e afacerse á festa

    Tras a perda de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil en apenas vinte anos, no podcast informativo de Praza buscamos entender por que amplas superficies do campo galego deixaron de utilizarse para producir alimentos. Con VINTE, escoitamos músicas dende o Día das Letras a Eurovisión pasando polo FaCeLa Fest de Lugo ou un concerto de Ortiga en Santiago, observamos disidencias téxtiles e poñemos rumbo ao Festival de Cans

  • 🔊 Fálase | Sen marisco na ría e con Rueda na Xunta

    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ás causas da profunda crise no marisqueo da ría de Arousa, con caídas de ata un 70%, e repasamos o máis destacado do discurso de investidura de Alfonso Rueda como candidato á presidencia da Xunta e das reaccións de BNG e PSdeG

  • 🔊 Fálase | De onde vén Rueda e a celebración da intimidade

    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ao perfil do vindeiro presidente da Xunta dende as súas ligazóns familiares coa política e os seus cargos nos tempos de Fraga ata a actualidade, pasando polo seu papel nas campañas de Feijóo. Con VINTE coñecemos unha manchea de novidades artísticas e a moita música, do novo de Blanco Palamera ao hit do verán de Ortiga e Pili Pampín

  • 🔊Fálase | Entrevista con Formoso e dez anos do incendio nas fragas do Eume

    No décimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, escoitamos o máis destacado da entrevista que nos concedeu o secretario xeral do PSdeG e regresamos ás fragas do Eume dez anos despois do incendio para escoitar as voces da veciñanza e dos movementos ecoloxistas e analizar carencias que aínda persisten nel, a comezar pola ausencia do plan reitor ao que obriga a lei

  • 🔊Fálase | A sanidade de Feijóo e bombas de chocolate

    No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, facemos balance da política sanitario nos 13 anos da presidencia de Feijóo e escoitamos como o ven Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, e Aurora Magán, das Enfermeiras Eventuais en Loita. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE cun "non á guerra" en forma de conto infantil

  • 🔊Fálase | Emerxencia no campo e o que quedou da Pokémon

    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos á crise que abafa o sector agrogandeiro por mor da pronunciada suba dos custos de produción e, ao fío do arquivo da última causa xudicial que atinxía o ex-alcalde lucense López Orozco, lembramos o que foi a operación Pokémon e o que queda dela máis dunha década despois

  • 🔊Fálase | Regreso ao futuro de Feijóo e melodías distópicas

    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos a sorpresa que causa nalgúns eidos o ton de Feijóo como candidato ao liderado do PP e tiramos fíos que nos levan á primeira campaña electoral na que optou á presidencia da Xunta, no ano 2009. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE, dende o Festival da Canção a unha manchea de novidades musicais e ás interioridades dun libro a piques de ver a luz

  • 🔊Fálase | Mulleres do mar e da memoria do 10 de marzo de Ferrol

    No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, escoitamos as historias de mulleres do mar que fican en terra mentres os seus maridos están embarcados e tamén a voz de Sari Alabau, unha das impulsoras da loita obreira e antifranquista nos sucesos de Ferrol en 1972, mobilización pola que a ditadura a encarcerou

  • 🔊Fálase | A marcha de Feijóo e xuntos, máis fortes

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, estivemos no acto en que Feijóo ratificou que vai ser o sucesor de Pablo Casado no PP e explicamos como se vai converter no primeiro presidente na historia da Xunta que renuncia ao cargo. Con María Yáñez achegámonos ao que se fala en VINTE  comezando por 'Xuntos', a emblemática canción de Juan Pardo "expropiada" polos Familia Caamagno. Conducido por David Lombao

  • Fálase | Trinta anos en Terranova e Feijóo a Madrid

    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal damos contexto ao tráxico naufraxio do Villa de Pitanxo coa axuda dun mariñeiro veterano de Terranova e analizamos o impacto en Galicia da crise interna do PP, comezando polas diferenzas coa renuncia de Feijóo en 2018 a liderar o partido e seguindo polo mapa político que se abrirá en Galicia se o actual presidente renuncia de vez. Conducido por David Lombao.