
O 24-M converte a Louzán en presidente do fútbol galego a xornada completa
O aínda presidente en funcións anuncia que non permanecerá na Deputación de Pontevedra de confirmarse o acordo entre PSdeG e BNG. Deixará o cargo tras máis dunha década de influente poder e logo de asegurar hai seis meses a dirección da Federación Galega de Fútbol.