O PP sofre un duro revés electoral nos concellos ameazados pola mina de Corcoesto
Os populares perden máis do 30% de votos nos municipios que abranguería o proxecto mineiro paralizado pola Xunta pero aínda no punto de mira de Sacyr. A dereita perde o goberno en Ponteceso e Coristanco e cae en case 20 puntos e 800 votos en Cabana de Bergantiños, epicentro da iniciativa.