
Feijóo axita o medo aos gobernos das mareas: "Non admiten a Constitución"
Aínda que Compostela Aberta superou o PP e a Marea Atlántica ten os mesmos edís que os populares Feijóo teima en que gobernarán malia seren "minoritarios" e, ao tempo, adhírese a petición de Louzán para que o BNG o axude a reter a Deputación de Pontevedra.