
O PP gastou ata xuño no Concello da Coruña 21 millóns máis dos que ingresou
O goberno da Marea afronta "preocupado" o desequilibro económico que deixa Negreira, que recadou en seis meses menos do 22% por impostos de construcións e obras e só un 3,8% en licenzas urbanísticas. Tamén hai 3,6 millóns en facturas irregulares non incluídas no orzamento inicial.