
Besteiro, entre o apoio a Pedro Sánchez e a reivindicación ante En Marea
Besteiro arroupa o líder do PSOE e lémbralles aos baróns críticos que o partido goberna en varias autonomías grazas a Podemos. Mantén que os socialistas son a segunda forza en Galicia e advirte das diferentes sensibilidades que conviven na "coalición de partidos".