Varios músicos protestan tocando de balde contra o veto ás mulleres na romaría da Saleta. Recólleo La Región.

Varios músicos protestan tocando de balde contra o veto ás mulleres na romaría da Saleta. Recólleo La Región.
Compromiso por Galicia presentarase en solitario ás eleccións municipais en Vigo. A agrupación local da formación galeguistas decidiu non participar en ningunha "aventura de novas coalicións" e abrir o seu proceso de primarias.
O Parlament de Catalunya aproba a lei de consultas cunha amplísima maioría do 80%. Tan só PP e Ciutadans votaron en contra da norma que ampara a consulta do 9 de novembro.
O primeiro ministro escocés anuncia a súa dimisión. Alex Salmond renunciará ao seu cargo en novembro, cando o SNP elixa un novo líder, tras a vitoria do Non no referendo de onte.
TVE traduce "as nosas catro nacións" por "a nosa nación" durante o discurso de David Cameron sobre o referendo escocés. A tradución errónea, que foi corrixida en informativos posteriores, está a xerar polémica nas redes sociais. Recólleo Vilaweb.
A cooperativa Numax acada o seu obxectivo de avais para poñer en marcha un cinema independente cunha libraría en Compostela.
A policía carga no desafiuzamento de Carlos e María, que veñen de ser desaloxados da súa vivenda en Aríns. Unha fotógrafa de GzContrainfo foi detida.
#indyref Rajoy "felicita" cun vídeo o pobo escocés polo resultado do "non" á independencia, evitando así "graves consecuencias". A comparecencia foi distribuída polo Goberno de España e celebrouse sen a presenza de xornalistas e, polo tanto, sen a posibilidade de pregunta ningunha.
Xosé López Orozco volverá ser candidato á Alcaldía de Lugo, segundo publica este venres El Progreso na súa primeira páxina.
#indyref O Goberno de España valorará o resultado do refendo escocés ás 10:30 cun vídeo con declaracións de Mariano Rajoy