O PP inclúe na súa oferta de pacto de investidura prohibir os gobernos de coalición nos concellos e un "compromiso" de "respectar" que nas xerais "só forme goberno a opción máis votada". Pódese consultar o documento completo nesta ligazón

O PP inclúe na súa oferta de pacto de investidura prohibir os gobernos de coalición nos concellos e un "compromiso" de "respectar" que nas xerais "só forme goberno a opción máis votada". Pódese consultar o documento completo nesta ligazón
A SER revela que policías admiten que investigaron rivais políticos do PP dentro dunha "brigada de revisión de casos". Eldiario.es debullou as características deste grupo policial nesta reportaxe
O tanatorio de Pereiró acolleu un multitudinario acto na memoria de Agustín Fernández Paz polo que pasaron representantes de todos os ámbitos culturais galegos e escritores e escritoras de todas as xeracións, que leron fragmentos do libro O rastro que deixamos
O avogado xeral da UE exime a banca de devolver os cartos das cláusulas solo previas a 2013. Avala a decisión do Tribunal Supremo de antepoñer a saúde do sistema financeiro sobre os dereitos dos consumidores
La Marea conta a "esperpéntica" historia das medicinas para Venezuela recollidas por Lilian Tintori en España co apoio de Albert Rivera e un gran despregue mediático. Medicinas que en ningún momento chegaron ao país americano.
Pedro Sánchez prevé tentar formar Goberno se Rajoy fracasa. Rajoy fixa o 2 de agosto para iniciar o debate de investidura se conta con apoios, aínda que de momento non lle saen as contas. Se non hai acordos, as terceiras eleccións celebraríanse o 27 de novembro.
Ducias de persoas participaron este mércores na concentración que, ante a sede do CGAI, protestou contra o seu "desmantelamento"
Morre un percebeiro tras caer ao mar na costa de Xove. O helicóptero de Gardacostas trasladou o corpo xa sen vida do home ao Hospital da Costa, en Burela.
Theresa May recibe formalmente o encargo de formar goberno no Reino Unido como nova primeira ministra. Está a contalo ao vivo a BBC, que amosa a imaxe de May coa raíña Elisabeth.
O BNG aprobará as súas candidaturas ás eleccións galegas o día 23. Vén de ratificalo a formación soberanista, que combina a elaboración das listas co "proceso Adiante" de refundación no que, subliña, participaron xa unhas 1.800 persoas.