Theresa May recibe formalmente o encargo de formar goberno no Reino Unido como nova primeira ministra. Está a contalo ao vivo a BBC, que amosa a imaxe de May coa raíña Elisabeth.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/578670eb7f43e-cnqlbb-xgaafj-c.jpg)
Theresa May recibe formalmente o encargo de formar goberno no Reino Unido como nova primeira ministra. Está a contalo ao vivo a BBC, que amosa a imaxe de May coa raíña Elisabeth.
O BNG aprobará as súas candidaturas ás eleccións galegas o día 23. Vén de ratificalo a formación soberanista, que combina a elaboración das listas co "proceso Adiante" de refundación no que, subliña, participaron xa unhas 1.800 persoas.
A Garda Civil detén tres persoas en Cangas do Morrazo por "incitar ao odio e a violencia nas redes sociais", di nun comunicado. O Instituto Armado acúsaas, dentro da alcumada como Operación Tarántula, de incitar ao "odio e a violencia" contra políticos, "vítimas do terrorismo e forzas e corpos de seguridade". Segundo Faro de Vigo, un dos detidos é concelleiro na corporación canguesa.
Ciudadanos confirma agora que facilitará a investidura de Rajoy cunha abstención na segunda votación. "Temos que elixir entre o malo e o menos malo", argumenta Albert Rivera.
O colectivos profesionais do audiovisual galego concentraranse este mércores ás 20 horas ante a sede do CGAI para denunciar o "desmantelamento" da filmoteca galega
O Concello de Ferrol acorda co socio privado de Emafesa, Socamex-Urbaser, que non se cobrará taxa de saneamento ata que este servizo sexa "verdadeiramente efectivo e real". "Nós non imos pagar as facturas polos erros, intencionados ou non, doutras administracións e que chegaremos ata as últimas instancias para que pague ó que lle corresponde pagar", sinalou o alcalde, Jorge Suárez.
Pedro Sánchez reúnese con Mariano Rajoy este mércores no medio de fortes presións para que o deixe gobernar, despois de Ciudadanos mudase a súa posición e opte por absterse na investidura do candidato popular.
Bárcenas pide que Cascos, Arenas, Acebes, Rato e Mayor Oreja sexan testemuñas no primeiro xuízo da Gürtel
Costureiras galegas, no programa de Carne Cruda dedicado a Inditex. Dúas traballadoras participantes no documental Fíos Fóra expuxeron a súa experiencia no espazo, que analizou a actividade da multinacional
O Goberno de España en funcións anuncia unha suba do imposto de sociedades para cumprir co déficit. Esta modificación legal non pode ser efectiva mentres o Executivo estea en funcións.