O Goberno de España en funcións anuncia unha suba do imposto de sociedades para cumprir co déficit. Esta modificación legal non pode ser efectiva mentres o Executivo estea en funcións.

O Goberno de España en funcións anuncia unha suba do imposto de sociedades para cumprir co déficit. Esta modificación legal non pode ser efectiva mentres o Executivo estea en funcións.
O BNG presenta os seus actos do Día da Patria, que celebrará baixo o lema Galiza viva. Soberanía e traballo
As novas e condolencias sobre o falecemento de Agustín Fernández Paz converten o nome do escritor en trending topic mundial en Twitter.
O Parlamento aproba este martes a Lei de Área Metropolitana de Vigo. É a segunda vez que o fai, logo da lei de abril de 2012, pero agora con consenso de partidos e concellos. Caballero di que é unha vitoria da maioría absoluta que logrou hai un ano. O proceso lanzárono o 18 de novembro de 1999 os alcaldes dos 14 concellos.
Rivera dá por feito un goberno de Rajoy en minoría horas despois de que o seu 'número dous', José Manuel Villegas, asegurase na SER que Ciudadanos non ía apoiar a investidura do actual líder do PP.
Falece o escritor Agustín Fernández Paz aos 69 anos de idade. Máis información, hoxe en Praza.
O Parlamento elixe os tres senadores de representación autonómica. Os populares Juan Manuel Jiménez Morán e Fernando Carlos Rodríguez Pérez reciben 40 votos, o socialista Modesto Pose obtén 18 e rexístranse 14 votos en branco nunha votación secreta en urna á que faltaron Feijóo e Rueda.
Tres fondos de pensións optan a mercar a AP-9 e o resto de principais autoestradas de Galicia. Abanca, Sacyr e Liberbank queren desfacerse do 45% de Itínere, propietaria tamén da AG-55 e a AG-57
eldiario.es analiza a proliferación de agresións sexuais no San Fermín. Catro mulleres denunciaron violacións, 5 homes foron xa enviados a prisión e outros 7 están detidos; outras 28 mulleres denunciaron outro tipo de agresións sexuais. Cada 8 horas é violada unha muller en España.
Bruxelas ofrecerá a España reducir a multa polo exceso de deficit -de ata 2.000 millóns de euros- a cambio de incrementar os recortes.