Falece o escritor Agustín Fernández Paz aos 69 anos de idade. Máis información, hoxe en Praza.

Falece o escritor Agustín Fernández Paz aos 69 anos de idade. Máis información, hoxe en Praza.
O Parlamento elixe os tres senadores de representación autonómica. Os populares Juan Manuel Jiménez Morán e Fernando Carlos Rodríguez Pérez reciben 40 votos, o socialista Modesto Pose obtén 18 e rexístranse 14 votos en branco nunha votación secreta en urna á que faltaron Feijóo e Rueda.
Tres fondos de pensións optan a mercar a AP-9 e o resto de principais autoestradas de Galicia. Abanca, Sacyr e Liberbank queren desfacerse do 45% de Itínere, propietaria tamén da AG-55 e a AG-57
eldiario.es analiza a proliferación de agresións sexuais no San Fermín. Catro mulleres denunciaron violacións, 5 homes foron xa enviados a prisión e outros 7 están detidos; outras 28 mulleres denunciaron outro tipo de agresións sexuais. Cada 8 horas é violada unha muller en España.
Bruxelas ofrecerá a España reducir a multa polo exceso de deficit -de ata 2.000 millóns de euros- a cambio de incrementar os recortes.
O maxistrado da Audiencia Nacional José Ricardo de Prada cuestiona que este tribunal se deba encargar de instruír e xulgar casos coma os de César Strawberry ou Guillermo Zapata. Lembra que a Audiencia recibiu o encargo de perseguir o enaltecemento de forma transitoria e nun contexto de moita violencia
Arquivada a denuncia do PP de Lalín contra o alcalde da localidade, Rafael Cuiña, por "presuntas inxurias e calumnias que recibira dun personaxe que posteriormente se acreditou que era ficticio", a través de internet. O xuíz do caso "conclúe que os feitos non poden ser encadrados en ningún tipo penal", segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
VÍDEO | David Cameron anuncia que Theresa May será a nova primeira ministra do Reino Unido dende o vindeiro mércores. O proceso acelerouse tras a renuncia de Andrea Leadsom a concorrer polo posto. Está a contalo ao vivo a BBC
O concelleiro de Madrid Guillermo Zapata será xulgado por un 'tweet'. A decisión tómana os xuíces afastados do caso Gürtel pola súa proximidade co PP.
Carmen Santos destitúe tres membros da Executiva de Podemos Galicia, segundo avanza Faro de Vigo. Trátase de tres persoas que concorreran na candidatura de Ángela Rodríguez nas primarias do partido. Santos comparece esta tarde en rolda de prensa. A información, hoxe en Praza.