O maxistrado da Audiencia Nacional José Ricardo de Prada cuestiona que este tribunal se deba encargar de instruír e xulgar casos coma os de César Strawberry ou Guillermo Zapata. Lembra que a Audiencia recibiu o encargo de perseguir o enaltecemento de forma transitoria e nun contexto de moita violencia
Fálase
Arquivada a denuncia do PP de Lalín contra o alcalde da localidade, Rafael Cuiña, por "presuntas inxurias e calumnias que recibira dun personaxe que posteriormente se acreditou que era ficticio", a través de internet. O xuíz do caso "conclúe que os feitos non poden ser encadrados en ningún tipo penal", segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
VÍDEO | David Cameron anuncia que Theresa May será a nova primeira ministra do Reino Unido dende o vindeiro mércores. O proceso acelerouse tras a renuncia de Andrea Leadsom a concorrer polo posto. Está a contalo ao vivo a BBC
O concelleiro de Madrid Guillermo Zapata será xulgado por un 'tweet'. A decisión tómana os xuíces afastados do caso Gürtel pola súa proximidade co PP.
Carmen Santos destitúe tres membros da Executiva de Podemos Galicia, segundo avanza Faro de Vigo. Trátase de tres persoas que concorreran na candidatura de Ángela Rodríguez nas primarias do partido. Santos comparece esta tarde en rolda de prensa. A información, hoxe en Praza.
Vítimas de Angrois pídenlle unha reunión á ministra de Fomento. Acúsana de mentirlles ao asegurar que houbo unha investigación independiente, algo que agora nega a UE.
Carlinhos Brown abrirá as festas de María Pita da Coruña o vindeiro 1 de agosto, segundo vén de avanzar o Concello coruñés
Temperaturas en descenso en Galicia e ceos anubrados pola mañá neste segundo luns de xullo. As temperaturas volverán ascender a partir do mércores
eldiario.es destaca que a Operación Cataluña "resucita para volverse contra o Goberno". A Fiscalía Xeral do Estado anunciará nos vindeiros días se abre unha investigación pola gravación a Fernández Díaz. Tamén afondará na cuestión unha comisión de investigación do Congreso
A Iniciativa Galega pola Memoria organiza o vindeiro domingo 17 de xullo a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, que se celebrará como é habitual na Illa de San Simón.