VÍDEO | David Cameron anuncia que Theresa May será a nova primeira ministra do Reino Unido dende o vindeiro mércores. O proceso acelerouse tras a renuncia de Andrea Leadsom a concorrer polo posto. Está a contalo ao vivo a BBC
Fálase
O concelleiro de Madrid Guillermo Zapata será xulgado por un 'tweet'. A decisión tómana os xuíces afastados do caso Gürtel pola súa proximidade co PP.
Carmen Santos destitúe tres membros da Executiva de Podemos Galicia, segundo avanza Faro de Vigo. Trátase de tres persoas que concorreran na candidatura de Ángela Rodríguez nas primarias do partido. Santos comparece esta tarde en rolda de prensa. A información, hoxe en Praza.
Vítimas de Angrois pídenlle unha reunión á ministra de Fomento. Acúsana de mentirlles ao asegurar que houbo unha investigación independiente, algo que agora nega a UE.
Carlinhos Brown abrirá as festas de María Pita da Coruña o vindeiro 1 de agosto, segundo vén de avanzar o Concello coruñés
Temperaturas en descenso en Galicia e ceos anubrados pola mañá neste segundo luns de xullo. As temperaturas volverán ascender a partir do mércores
eldiario.es destaca que a Operación Cataluña "resucita para volverse contra o Goberno". A Fiscalía Xeral do Estado anunciará nos vindeiros días se abre unha investigación pola gravación a Fernández Díaz. Tamén afondará na cuestión unha comisión de investigación do Congreso
A Iniciativa Galega pola Memoria organiza o vindeiro domingo 17 de xullo a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, que se celebrará como é habitual na Illa de San Simón.
Obama amosa o seu apoio á política económica realizada polo Goberno de Rajoy, tras unha xuntanza de 45 minutos entre os dous líderes. O encontro do presidente norteamericano con Sánchez, Iglesias e Rivera reduciuse a tres minutos por cabeza
Unha ducia de mozos e mozas iniciaron este sábado nunha marcha ciclista entre A Coruña e Ortigueira, impulsada por Greenpeace, que busca denunciar os efectos dos tratados comerciais TTIP e CETA nas distintas localidades que atravesrá. A campaña rematará na vila do Ortegal coincidindo coa celebración do Festival Internacional de Música Celta