Un petroleiro á deriva a 30 millas da Costa da Morte está a ser remolcado polo Ría de Vigo. O buque está cargado de asfalto e diríxese cara a Bilbao sen problemas, segundo adianta a Radio Galega.
Fálase
Esta mañá celébrase no Parlamento a reunión convocada polo PP para abordar o recorte ao Parlamento. PSdeG e AGE acudirán á xuntanza e o BNG non o fará. Os tres grupos da oposición xa avanzan que non apoiarán a retallada.
O sociólogo Carlos Neira comeza a debullar no seu blog o estudo postelectoral publicado este mércores polo CIS. Destaca a evolución do sentimento identitario e nacionalista en Galicia, que descende.
O FMI admite graves fallos no deseño do plan de rescate financeiro a Grecia. O organismo recoñece que non se logrou restaurar a confianza dos mercados e a economía enfrontouse a unha recesión máis profunda
Os homes de confianza de Manuel Fernández de Sousa impidenlle a Deloitte controlar Pescanova. Ocupan postos claves, sobre todo cargos estratéxicos en filiais do grupo
A fiscalía alíase coas defensas nalgúns dos casos de corrupción máis importantes. O representante do ministerio público opuxérase a que Miguel Blesa ingresase de novo en prisión
Renfe comeza a suprimir traxectos e frecuencias non rendibles sen avisar os viaxeiros. O plan comezou a poñerse en práctica en maio e completarase durante este mes até o vindeiro 23 de xuño.
O 14 de xuño manifestacións e concentracións en toda España, convocadas polo colectivo Carta por la Ciencia, demandarán medidas para fomentar a investigación #14Jporlaciencia. En Galicia haberá actos en Vigo, A Coruña e Compostela.
O Parlamento aproba unha iniciativa do PSdeG para pedirlle ao Goberno central que lle ceda a Galicia o imposto estatal a entidades bancarias. González Santín repróchalle á Xunta que non aplicara este tributo antes da regulación do Estado para que os bancos cedesen a Galicia 50 millóns de euros
O xuíz decreta prisión sen fianza para o ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa.