Unha comisión cidadá convoca accións para defender o uso público da Maestranza, na Coruña. Denuncian que Defensa leva anos actuando na cidade como "unha auténtica inmobiliaria" dedicada á "especulación urbanística en terreos de patrimonio público" e calculan en 48 millóns de euros o beneficio obtido.
Fálase
Galicia necesita recibir 20.000 inmigrantes ao ano ata 2029 para paliar a súa crise demográfica. As persoas de 32 anos, idade media na que se está a ter o primeiro fillo ou filla, reduciranse á metade en 15 anos.
Hillary Clinton derrota a Bernie Sanders nos cinco estados que este martes celebraron primarias, deixando resolta a súa nominación. Nos republicanos Trump vence en Florida e Illinois, e só é superado en Ohio por Kasich; a súa vantaxe sobre Cruz e os demais candidatos amplíase
O Ministerio do Interior interveu as comunicacións dos titiriteiros detidos, aludindo á súa presunta "capacidade criminal". Incluíunos no ficheiro de "bandas armadas" alegando que poderían seguir "directrices consignadas" pola súa organización.
Pablo Iglesias cesa a Sergio Pascual como secretario de Organización de Podemos. A destitución do número tres da formación prodúcese tras crises abertas nas organizacións territoriais e a filtración de informes
O PP cede e abre expediente informativo a Rita Barberá e a todos os cargos vinculados ao sumario valenciano
Pablo Iglesias e Pedro Sánchez retoman os contactos, segundo publica ElDiario.es. "Iglesias mandoulle unha mensaxe de whatsapp e Sánchez respondeulle vía Telegram. No intercambio quedaron en falar ao longo do día de hoxe", informan en Podemos.
O pleno municipal de Santiago aproba os orzamentos cos votos a favor de Compostela Aberta, a abstención de PSOE e BNG e os votos en contra do PP.
A xuíza rexeita anular a investigación a José Manuel Baltar, como reclamaba a súa defensa. A información sobre a declaración do presidente da Deputación de Ourense polo presunto ofrecemento de emprego por sexo, esta tarde en Praza.
O Goberno de Rajoy reitera a súa negativa a someterse ao control do Congreso. Patxi López advirte de que o Executivo en funcións está a provocar un conflito institucional. Crónica en eldiario.es