Hillary Clinton derrota a Bernie Sanders nos cinco estados que este martes celebraron primarias, deixando resolta a súa nominación. Nos republicanos Trump vence en Florida e Illinois, e só é superado en Ohio por Kasich; a súa vantaxe sobre Cruz e os demais candidatos amplíase
Fálase
O Ministerio do Interior interveu as comunicacións dos titiriteiros detidos, aludindo á súa presunta "capacidade criminal". Incluíunos no ficheiro de "bandas armadas" alegando que poderían seguir "directrices consignadas" pola súa organización.
Pablo Iglesias cesa a Sergio Pascual como secretario de Organización de Podemos. A destitución do número tres da formación prodúcese tras crises abertas nas organizacións territoriais e a filtración de informes
O PP cede e abre expediente informativo a Rita Barberá e a todos os cargos vinculados ao sumario valenciano
Pablo Iglesias e Pedro Sánchez retoman os contactos, segundo publica ElDiario.es. "Iglesias mandoulle unha mensaxe de whatsapp e Sánchez respondeulle vía Telegram. No intercambio quedaron en falar ao longo do día de hoxe", informan en Podemos.
O pleno municipal de Santiago aproba os orzamentos cos votos a favor de Compostela Aberta, a abstención de PSOE e BNG e os votos en contra do PP.
A xuíza rexeita anular a investigación a José Manuel Baltar, como reclamaba a súa defensa. A información sobre a declaración do presidente da Deputación de Ourense polo presunto ofrecemento de emprego por sexo, esta tarde en Praza.
O Goberno de Rajoy reitera a súa negativa a someterse ao control do Congreso. Patxi López advirte de que o Executivo en funcións está a provocar un conflito institucional. Crónica en eldiario.es
Pontevedra arría a bandeira da UE en protesta polo acordo co Turquía polos refuxiados co apoio de BNG e Marea. Cangas xa a colocara a media hasta para amosar o seu rexeitamento ás políticas comunitarias coas persoas que buscan asilo.
O Parlamento aproba outra vez pedir a transferencia da AP-9 á Xunta. Esta reclamación, que recibiu luz verde por unanimidade a instancias do BNG, vén sendo recorrente na última década sen que, polo momento, houbese avances ao respecto. Veñen de ser designados para defender a proposta ante o Congreso os deputados Jesús Goldar (PP), Raúl Fernández (PSdeG) e Ana Pontón (BNG). Repasa as diversas solicitudes nesta cronoloxía.