O pleno municipal de Santiago aproba os orzamentos cos votos a favor de Compostela Aberta, a abstención de PSOE e BNG e os votos en contra do PP.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56e84aab0a95b-cdmztyawoam-0yx.jpg)
O pleno municipal de Santiago aproba os orzamentos cos votos a favor de Compostela Aberta, a abstención de PSOE e BNG e os votos en contra do PP.
A xuíza rexeita anular a investigación a José Manuel Baltar, como reclamaba a súa defensa. A información sobre a declaración do presidente da Deputación de Ourense polo presunto ofrecemento de emprego por sexo, esta tarde en Praza.
O Goberno de Rajoy reitera a súa negativa a someterse ao control do Congreso. Patxi López advirte de que o Executivo en funcións está a provocar un conflito institucional. Crónica en eldiario.es
Pontevedra arría a bandeira da UE en protesta polo acordo co Turquía polos refuxiados co apoio de BNG e Marea. Cangas xa a colocara a media hasta para amosar o seu rexeitamento ás políticas comunitarias coas persoas que buscan asilo.
O Parlamento aproba outra vez pedir a transferencia da AP-9 á Xunta. Esta reclamación, que recibiu luz verde por unanimidade a instancias do BNG, vén sendo recorrente na última década sen que, polo momento, houbese avances ao respecto. Veñen de ser designados para defender a proposta ante o Congreso os deputados Jesús Goldar (PP), Raúl Fernández (PSdeG) e Ana Pontón (BNG). Repasa as diversas solicitudes nesta cronoloxía.
José Manuel Baltar declara este martes ante a xuíza que o investiga por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias no caso do suposto ofrecemento de emprego a cambio de sexo. Baltar foi reelixido presidente do PP de Ourense hai dúas semanas.
A Conferencia Episcopal destina a 13 TV os mesmos fondos do IRPF que a Cáritas. El País publica as contas que a Igrexa española remitiu a Facenda
Morren tres persoas refuxiadas tentando atravesar a fronteira entre Grecia e Macedonia. Varios xornalistas foron arrestados mentres informaban do que sucedía na zona.
Senllas iniciativas sobre a "unidad de España", de PP e Ciudadanos, abren este martes as sesións ordinarias da nova lexislatura no Congreso. Segundo o CIS, a cuestión territorial é unha preocupación para pouco máis do 1% da poboación do Estado.
DOCUMENTO Este é o informe do Ministerio do Interior que acusa de financiamento ilegal a Podemos. Entre os documentos aludidos no informe, sen sinatura, están recortes de prensa e fontes sen identificar. Publícao eldiario.es