A Conferencia Episcopal destina a 13 TV os mesmos fondos do IRPF que a Cáritas. El País publica as contas que a Igrexa española remitiu a Facenda
Fálase
Morren tres persoas refuxiadas tentando atravesar a fronteira entre Grecia e Macedonia. Varios xornalistas foron arrestados mentres informaban do que sucedía na zona.
Senllas iniciativas sobre a "unidad de España", de PP e Ciudadanos, abren este martes as sesións ordinarias da nova lexislatura no Congreso. Segundo o CIS, a cuestión territorial é unha preocupación para pouco máis do 1% da poboación do Estado.
DOCUMENTO Este é o informe do Ministerio do Interior que acusa de financiamento ilegal a Podemos. Entre os documentos aludidos no informe, sen sinatura, están recortes de prensa e fontes sen identificar. Publícao eldiario.es
Medio Rural estuda privatizar parte dos traballos de limpeza dos montes para previr incendios. Cóntao Faro de Vigo
Un ferido no accidente ciclista da Guarda non puido ser trasladado directamente ao novo hospital de Vigo porque o seu heliporto aínda non funciona. O helicóptero tivo que aterrar no aeroporto de Peinador.
Viaxes da Deputación de Lugo a Eurodisney, Arxentina ou a India que investiga De Lara corresponden á etapa de Cacharro, segundo as facturas incluídas no sumario que publica La Voz de Galicia. Estes pagamentos corresponden ao convenio colectivo da época na institución, sinala o actual goberno, que agrega ademais que esas viaxes non continuaron tras a chegada de Besteiro.
Citan o ex alcalde de Nigrán como investigado na operación Patos. Alberto Valverde (PP) deberá comparecer o vindeiro 28 de abril.
Toda a oposición no Parlamento reclama unha sesión urxente para tratar o acordo de deportacións masivas de persoas refuxiadas que pretenden asinar a UE e Turquía. A petición foi rexistrada conxuntamente por PSdeG, AGE, BNG e Grupo Mixto, que reclaman tratar o asunto na comisión de Asuntos Europeos.
A Radio Galega aborda, coa participación de Praza Pública, o estado da prensa dixital en Galicia e o futuro dos diarios impresos. Pódese escoitar no podcast do programa Galicia por Diante