Un ferido no accidente ciclista da Guarda non puido ser trasladado directamente ao novo hospital de Vigo porque o seu heliporto aínda non funciona. O helicóptero tivo que aterrar no aeroporto de Peinador.
Fálase
Viaxes da Deputación de Lugo a Eurodisney, Arxentina ou a India que investiga De Lara corresponden á etapa de Cacharro, segundo as facturas incluídas no sumario que publica La Voz de Galicia. Estes pagamentos corresponden ao convenio colectivo da época na institución, sinala o actual goberno, que agrega ademais que esas viaxes non continuaron tras a chegada de Besteiro.
Citan o ex alcalde de Nigrán como investigado na operación Patos. Alberto Valverde (PP) deberá comparecer o vindeiro 28 de abril.
Toda a oposición no Parlamento reclama unha sesión urxente para tratar o acordo de deportacións masivas de persoas refuxiadas que pretenden asinar a UE e Turquía. A petición foi rexistrada conxuntamente por PSdeG, AGE, BNG e Grupo Mixto, que reclaman tratar o asunto na comisión de Asuntos Europeos.
A Radio Galega aborda, coa participación de Praza Pública, o estado da prensa dixital en Galicia e o futuro dos diarios impresos. Pódese escoitar no podcast do programa Galicia por Diante
Feijóo dirá "nos próximos días" se quere repetir como candidato á Xunta. Non descarta "iniciar outra actividade profesional"
Fomento, obrigado a anular unha ducia de concursos públicos, entre eles dous treitos da autovía Santiago-Lugo, os que van de Melide a Palas de Rei e a Arzúa. Cóntao La Opinión de A Coruña.
eldiario.es entrevista a Edward Snowden: "A vixilancia non ten nada que ver coa seguridade, ten que ver co poder", di o exespía da NSA estadounidense.
A gran coalición en España tería o apoio do 40% da poboación galega, segundo os datos dunha enquisa de Sondaxe para La Voz. O inquérito indica que o acordo PP-PSOE-C's só é a preferido por máis da metade do electorado entre quen apoiaron aos populares ou a Ciudadanos.
Espectacular resultado do partido de extrema dereita e antiinmigración AfD nas eleccións rexionais de Alemaña.