A gran coalición en España tería o apoio do 40% da poboación galega, segundo os datos dunha enquisa de Sondaxe para La Voz. O inquérito indica que o acordo PP-PSOE-C's só é a preferido por máis da metade do electorado entre quen apoiaron aos populares ou a Ciudadanos.
Fálase
Espectacular resultado do partido de extrema dereita e antiinmigración AfD nas eleccións rexionais de Alemaña.
O Lugo vence en Córdoba (1-2). Na Segunda B, o Pontevedra venceu ao Arandina (1-0) e o Coruxo en León (0-1). O Racing de Ferrol caeu en Burgos (2-0) e o Celta B na casa ante o Tudelano (0-1). Compostela e Somozas empataron ante Guijuelo e Astorga.
Alfonso Rueda, elixido novo presidente do PP de Pontevedra co 97,14% dos apoios. Rajoy, presente no congreso da formaión, foi recibido en Pontevedra entre aplausos. "Esta é a miña casa", dixo. Máis información, hoxe en Praza.
Isabel Vilalba continúa á fronte do SLG, que celebrou o seu IX congreso, tras o que renova a súa estrutura organizativa e humana para "afrontar a loita pola terra, os prezos e a soberanía alimentaria dos vindeiros catro anos".
Galicia repetiría os resultados de volverse celebrar eleccións xerais, segundo unha enquisa de Sondaxe. A nivel estatal, Ciudadanos e o PP estarían preto de sumar para unha maioría absoluta. Nun inquérito de Metroscopia, Ciudadanos superaría a Podemos.
Errejón chama a fortalecer as mareas, que ve como líderes do movemento que "gobernará Galicia". O número dous de Podemos participou nas xornadas Das prazas ás institucións: o cambio avanza contigo, en Pontevedra.
PSOE e Podemos pactan unidade de acción en parte das votacións do primeiro pleno do Congreso. Melloras para as traballadoras do fogar ou recuperar a negociación sobre as pensións son algúns dos acordos.
Rajoy envía unha carta aos pontevedreses na que espera que se lle retire a declaración de "non grato" e lamenta que concelleiros intentaran facerlle "dano". "Non renunciarei a Pontevedra", di a través do Faro de Vigo. O presidente do Goberno central participa hoxe no congreso do PP provincial.
Telmo Martín renuncia a cobrar a indemnización solicitada como ex deputado. Cre que a súa petición "xerou unha polémica" que non quere "seguir alimentando".