Carlos Callón deixa a presidencia d'A Mesa pola Normalización Lingüística. Anúnciao nunha carta aberta na que asegura que "hai que promover as renovacións para mellor sempre que se puider" e que precisa "asumir novos retos".
Fálase
Miguel Arias Cañete, ministro de Agricultura, será candidato do PP ás eleccións europeas. Máis información, hoxe en Praza.
O PP rexeita concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores do naval ferrolán asasinados pola policía franquista en 1972. Os conservadores vetan a proposta de AGE, apoiada polo resto da oposición, porque a medalla concedida a Castelao en 1984 "representa a todos os represaliados" e "porque os feitos ocorridos son pasado".
Dimite a ministra británica de Cultura, Maria Miller, tras revelarse que cargou nas contas públicas gastos excesivos en concepto de vivenda, polos que devolverá 6.990 euros
A Deputación de Ourense venderá as catro parcelas nas que proxectaba construír 1.500 vivendas, o gran proxecto urbanístico do ente provincial nos últimos vinte anos.
Veciños e comuneiros ofrécense para xestionar a illa de Tambo e urxen a súa distinción como Espazo Natural
Os e as universitarias aínda non recibiron a metade da contía das bolsas. A Plataforma de Afectados pide una maior transparencia e información por parte do Ministerio.
Protestas prorrusas no leste de Ucraína demandan a celebración dun referendo sobre o futuro destas rexións. Grupos ucraínos loitan por recuperar o control das institucións e dos edificios oficiais.
Rajoy nega a consulta catalá por non caber na Constitución que, di, é "como un testamento". Rubalcaba aposta por reformar a Carta Magna durante o debate no Congreso, no que os representantes da Generalitat advirten de que "chegou a hora de que os cataláns decidan o seu futuro" e apelan á "vontade democrática". Izquierda Plural defende a consulta para "saber que pensa a cidadanía" e Rosa Díez carga contra Mas e cualifica de "reaccionario" o proceso independentista.
O documental galego A Pegada dos Avós, premiado en México. A fita gaña o VIII Encuentro Hispanoamericano de Cine y Video Independiente-Voces Contra el Silencio, entre 521 películas presentadas e 194 seleccionadas