Os e as universitarias aínda non recibiron a metade da contía das bolsas. A Plataforma de Afectados pide una maior transparencia e información por parte do Ministerio.
Fálase
Protestas prorrusas no leste de Ucraína demandan a celebración dun referendo sobre o futuro destas rexións. Grupos ucraínos loitan por recuperar o control das institucións e dos edificios oficiais.
Rajoy nega a consulta catalá por non caber na Constitución que, di, é "como un testamento". Rubalcaba aposta por reformar a Carta Magna durante o debate no Congreso, no que os representantes da Generalitat advirten de que "chegou a hora de que os cataláns decidan o seu futuro" e apelan á "vontade democrática". Izquierda Plural defende a consulta para "saber que pensa a cidadanía" e Rosa Díez carga contra Mas e cualifica de "reaccionario" o proceso independentista.
O documental galego A Pegada dos Avós, premiado en México. A fita gaña o VIII Encuentro Hispanoamericano de Cine y Video Independiente-Voces Contra el Silencio, entre 521 películas presentadas e 194 seleccionadas
Canto sabes do audiovisual galego? A organización dos Premios Mestre Mateo publica un quiz con preguntas sobre a historia dos galardóns. Entre todos os e as participantes sortearanse dúas entradas para asistir á gala, que terá lugar este sábado na Coruña.
Está en marcha xa o debate no Congreso sobre a consulta soberanista catalá. "Chegou a hora de que Cataluña decida o seu futuro", di Jordi Turull, representante de CiU na delegación da Generalitat.
A estrea da nova tempada de Xogo de Tronos consegue récords de audiencia na televisión (6,6 millóns de espectadores na HBO), a caída da web da cadea, e tamén unha nova marca no número de descargas a través de BitTorrent. De igual xeito, 20minutos destaca o anoxo dalgúns espectadores pola emisión en versión orixinal subtitulada en Canal+
Twitter presenta o seu novo deseño que, como xa se anticipara, se aproxima ao de Facebook
O profesorado universitario galego segue pendente da apertura do periodo de acreditacións da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug), que xa acumula un atraso de catro meses. Tanto a Acsug coma a Consellaría de Educación afirman que "está pendente dun trámite administrativo", pero non ofrecen unha data concreta.
O Tribunal de Xustiza da UE declara ilegal e anula a controvertida directiva sobre conservación de datos das telecomunicacións de 2006, que obrigaba as compañías telefónicas e operadores de Internet a conservar durante un periodo de seis meses a dous anos os datos sobre as chamadas, correos electrónicos e as conexións a internet e redes sociais realizadas por un cliente