Canto sabes do audiovisual galego? A organización dos Premios Mestre Mateo publica un quiz con preguntas sobre a historia dos galardóns. Entre todos os e as participantes sortearanse dúas entradas para asistir á gala, que terá lugar este sábado na Coruña.
Fálase
Está en marcha xa o debate no Congreso sobre a consulta soberanista catalá. "Chegou a hora de que Cataluña decida o seu futuro", di Jordi Turull, representante de CiU na delegación da Generalitat.
A estrea da nova tempada de Xogo de Tronos consegue récords de audiencia na televisión (6,6 millóns de espectadores na HBO), a caída da web da cadea, e tamén unha nova marca no número de descargas a través de BitTorrent. De igual xeito, 20minutos destaca o anoxo dalgúns espectadores pola emisión en versión orixinal subtitulada en Canal+
Twitter presenta o seu novo deseño que, como xa se anticipara, se aproxima ao de Facebook
O profesorado universitario galego segue pendente da apertura do periodo de acreditacións da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug), que xa acumula un atraso de catro meses. Tanto a Acsug coma a Consellaría de Educación afirman que "está pendente dun trámite administrativo", pero non ofrecen unha data concreta.
O Tribunal de Xustiza da UE declara ilegal e anula a controvertida directiva sobre conservación de datos das telecomunicacións de 2006, que obrigaba as compañías telefónicas e operadores de Internet a conservar durante un periodo de seis meses a dous anos os datos sobre as chamadas, correos electrónicos e as conexións a internet e redes sociais realizadas por un cliente
O PP anuncia o seu voto en contra á lei de consultas que está a defender o BNG no Parlamento. Entre os criterios do rexeitamento avanzados por Pedro Puy figura o "apoio" ao veto á consulta pola autodeterminación de Catalunya que hoxe se debate no Congreso.
A reforma da xustiza universal promovida polo PP provoca a saída en liberdade de 8 narcotraficantes. Cóntao a Cadena SER
Os xornalistas Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas, secuestrados en Siria e recentemente liberados, gañan a X edición do premio José Couso de Liberdade de Prensa. Máis información, hoxe en Praza.
A esta hora debátese no Parlamento a lei polos dereitos das persoas LGTBI, promovida polo PSdeG e que, segundo varias entidades, o PP "baleirou de contido" durante o seu trámite na Cámara.