Os xornalistas Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas, secuestrados en Siria e recentemente liberados, gañan a X edición do premio José Couso de Liberdade de Prensa. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
A esta hora debátese no Parlamento a lei polos dereitos das persoas LGTBI, promovida polo PSdeG e que, segundo varias entidades, o PP "baleirou de contido" durante o seu trámite na Cámara.
O regulador cifra en 1.700 millóns o recorte ás renovables, que afecta máis á eólica e á hidráulica. Considera "paradoxal" que algunhas instalacións melloren a súa retribución mentres outras terán que pechar.
O FROB gastou, cando menos, dous millóns de euros en informes sobre Novagalicia Banco e o Banco Gallego. O Gallego recibiu 1.046 millóns de euros do FROB e o Banco de España, Novagalicia levou 9.054 millóns.
A Facultade de Ciencias da Educación de Ourense promove un proxecto divulgativo arredor da figura dos afiadores e do filme documental A última viaxe do afiador. O proxecto Achega está dirixido a universidades, institutos colexios, concellos, centros culturais e outros colectivos
As empresas galegas, entre as que máis empregan software libre de toda España, segundo un estudo do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA). Tres de cada catro compañías galegas utiliza programas abertos, 3,4 puntos por riba da media estatal.
A Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica denuncia nunhas xornadas en Lugo o "escándalo" do recorte das primas para as renovables.
Beatriz Martínez, a enferma de cancro que iniciou unha folga de fame, entrega máis 378.000 sinaturas no Congreso dos Deputados para pedir unha meirande protección aos enfermos crónicos. As sinaturas acompañarán unha proposta de lei do BNG.
Detidas seis persoas en Compostela relacionadas cos altercados na manifestación do cerco, segundo informa Europa Press. A operación chega case un mes despois da protesta que acabou en graves enfrontamentos entre policía e manifestantes.
UPyD equipara o nacionalismo catalán con Franco e Le Pen nas horas previas ao debate no Congreso sobre o referendo de autodeterminación que promove o Parlament de Catalunya. Cóntao Europa Press.