O PP rexeita habilitar unidades para realizar abortos euxenésicos na sanidade pública galega. Rexeitou unha moción defendida por AGE na que se reclamaban “dúas unidades de referencia para os abortos do segundo trimestre en Galiza” logo da polémica xurdida polas denuncias de varias mulleres.
Fálase
Alcaldes, alcaldesas e edís do BNG reclaman un novo financiamento para os concellos galegos: "Málaga suma tanto como todas as cidades galegas", din.
Democracia Ourensana di aspirar a "dous ou tres" escanos nas eleccións galegas. Afirmárono na presentación do seu candidato, Miguel Caride, o avogado que representa á formación no proceso xudicial contra José Manuel Baltar, na que DO actúa como acusación popular.
ÚLTIMA HORA Unha nova sentenza obriga a Xunta a pagar unha indemnización por anular o concurso eólico do bipartito. Máis información, hoxe en Praza.
En Marea denuncia que o PP "bloquea" a iniciativa da investigación do accidente de Angrois na Xunta de Portavoces do Congreso. Máis información, hoxe en Praza.
O goberno da Deputación de Lugo logra aprobar os orzamentos ao ausentarse o PP da votación nun tenso pleno. O deputado non adscrito, Manuel Martínez, votou en contra das contas de PSdeG e BNG, das que estaban pendentes os 67 concellos da provincia para recibir fondos en diversas áreas. Vídeo da sesión, nesta ligazón
O pleno de Ribeira rexeita retirar a rúa dedicada ao alcalde franquista Miguel Rodríguez Bautista, como pedían BNG, PSdeG e Ciudadanos. A moción, debatida entre gran tensión, foi rexeitada polo PP, polo grupo independente IPdR e pola edil non adscrita. Pódese consultar o vídeo da sesión nesta ligazón.
Secuestran un avion de pasaxeiros exipcio e obrígano a aterrar en Chipre.
Así pasaron as persoas refuxiadas en Lesbos a ter, de facto, a condición de detidas. Eldiario.es entra no campo no que se pecha os migrantes tras o pacto da UE con Turquía.
O pleno da Deputación de Lugo debate esta mañá os orzamentos da institución. O Goberno de PSdeG e BNG precisa de que o PP ou o alcalde de Becerreá voten a prol ou se absteñan para sacar adiante as contas.