ÚLTIMA HORA Unha nova sentenza obriga a Xunta a pagar unha indemnización por anular o concurso eólico do bipartito. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
En Marea denuncia que o PP "bloquea" a iniciativa da investigación do accidente de Angrois na Xunta de Portavoces do Congreso. Máis información, hoxe en Praza.
O goberno da Deputación de Lugo logra aprobar os orzamentos ao ausentarse o PP da votación nun tenso pleno. O deputado non adscrito, Manuel Martínez, votou en contra das contas de PSdeG e BNG, das que estaban pendentes os 67 concellos da provincia para recibir fondos en diversas áreas. Vídeo da sesión, nesta ligazón
O pleno de Ribeira rexeita retirar a rúa dedicada ao alcalde franquista Miguel Rodríguez Bautista, como pedían BNG, PSdeG e Ciudadanos. A moción, debatida entre gran tensión, foi rexeitada polo PP, polo grupo independente IPdR e pola edil non adscrita. Pódese consultar o vídeo da sesión nesta ligazón.
Secuestran un avion de pasaxeiros exipcio e obrígano a aterrar en Chipre.
Así pasaron as persoas refuxiadas en Lesbos a ter, de facto, a condición de detidas. Eldiario.es entra no campo no que se pecha os migrantes tras o pacto da UE con Turquía.
O pleno da Deputación de Lugo debate esta mañá os orzamentos da institución. O Goberno de PSdeG e BNG precisa de que o PP ou o alcalde de Becerreá voten a prol ou se absteñan para sacar adiante as contas.
Direccións de colexios públicos galegos alertan de que se enfrontan á reválida da LOMCE sen directriz ningunha para realizala. Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía pide nove anos de inhabilitación e dous de cadea para o exedil do PP en Santiago Albino Vázquez, responsable de Seguridade con Conde Roa e Ángel Currás.
En Marea levará ao Congreso as demandas dos traballadores de Alcoa. Yolanda Díaz di que defenderá "un novo modelo de poxa" e "o mantemento dos postos e investimentos para o modernizar o ciclo produtivo".