O pleno de Ribeira rexeita retirar a rúa dedicada ao alcalde franquista Miguel Rodríguez Bautista, como pedían BNG, PSdeG e Ciudadanos. A moción, debatida entre gran tensión, foi rexeitada polo PP, polo grupo independente IPdR e pola edil non adscrita. Pódese consultar o vídeo da sesión nesta ligazón.
Fálase
Secuestran un avion de pasaxeiros exipcio e obrígano a aterrar en Chipre.
Así pasaron as persoas refuxiadas en Lesbos a ter, de facto, a condición de detidas. Eldiario.es entra no campo no que se pecha os migrantes tras o pacto da UE con Turquía.
O pleno da Deputación de Lugo debate esta mañá os orzamentos da institución. O Goberno de PSdeG e BNG precisa de que o PP ou o alcalde de Becerreá voten a prol ou se absteñan para sacar adiante as contas.
Direccións de colexios públicos galegos alertan de que se enfrontan á reválida da LOMCE sen directriz ningunha para realizala. Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía pide nove anos de inhabilitación e dous de cadea para o exedil do PP en Santiago Albino Vázquez, responsable de Seguridade con Conde Roa e Ángel Currás.
En Marea levará ao Congreso as demandas dos traballadores de Alcoa. Yolanda Díaz di que defenderá "un novo modelo de poxa" e "o mantemento dos postos e investimentos para o modernizar o ciclo produtivo".
A dirección do PSOE propón adiar o Congreso do partido, previsto para finais de maio, ata a formación do novo Goberno de España.
El Diario analiza as oito rutas que os e as refuxiadas poderian empregar tralo acordo UE-Turquía que impide o acceso a través de Grecia. Rusia, Chipre, Lampedusa, Melilla, Bulgaria, Albania... Percorridos longos e, en moitas ocasións, perigosos.
Google dedícalle un dos seus doodles a Ángela Ruiz Robles, a mestra ferrolá inventora nos anos corenta dun aparello precursor do libro electrónico, nacida hai hoxe 121 anos