Direccións de colexios públicos galegos alertan de que se enfrontan á reválida da LOMCE sen directriz ningunha para realizala. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
A Fiscalía pide nove anos de inhabilitación e dous de cadea para o exedil do PP en Santiago Albino Vázquez, responsable de Seguridade con Conde Roa e Ángel Currás.
En Marea levará ao Congreso as demandas dos traballadores de Alcoa. Yolanda Díaz di que defenderá "un novo modelo de poxa" e "o mantemento dos postos e investimentos para o modernizar o ciclo produtivo".
A dirección do PSOE propón adiar o Congreso do partido, previsto para finais de maio, ata a formación do novo Goberno de España.
El Diario analiza as oito rutas que os e as refuxiadas poderian empregar tralo acordo UE-Turquía que impide o acceso a través de Grecia. Rusia, Chipre, Lampedusa, Melilla, Bulgaria, Albania... Percorridos longos e, en moitas ocasións, perigosos.
Google dedícalle un dos seus doodles a Ángela Ruiz Robles, a mestra ferrolá inventora nos anos corenta dun aparello precursor do libro electrónico, nacida hai hoxe 121 anos
O Goberno central augura o peche de 5.000 granxas lácteas máis no Estado, segundo indica á Cadena SER. A maioría dos peches do pasado ano foron en Galicia.
A web do Parlamento habilita dende hoxe o seu novo espazo de participación cidadá
Arabia Saudita esixe eleccións en Siria mentres segue a ser ilegal esixilas en Arabia Saudita. Recólleo eldiario.es
O primeiro treito da autovía Lugo-Santiago cumpre un ano sen apenas tráfico. O vial foi aberto na precampaña das municipais e o tempo de viaxe aínda é superior ao da estrada convencional.