En Marea levará ao Congreso as demandas dos traballadores de Alcoa. Yolanda Díaz di que defenderá "un novo modelo de poxa" e "o mantemento dos postos e investimentos para o modernizar o ciclo produtivo".

En Marea levará ao Congreso as demandas dos traballadores de Alcoa. Yolanda Díaz di que defenderá "un novo modelo de poxa" e "o mantemento dos postos e investimentos para o modernizar o ciclo produtivo".
A dirección do PSOE propón adiar o Congreso do partido, previsto para finais de maio, ata a formación do novo Goberno de España.
El Diario analiza as oito rutas que os e as refuxiadas poderian empregar tralo acordo UE-Turquía que impide o acceso a través de Grecia. Rusia, Chipre, Lampedusa, Melilla, Bulgaria, Albania... Percorridos longos e, en moitas ocasións, perigosos.
Google dedícalle un dos seus doodles a Ángela Ruiz Robles, a mestra ferrolá inventora nos anos corenta dun aparello precursor do libro electrónico, nacida hai hoxe 121 anos
O Goberno central augura o peche de 5.000 granxas lácteas máis no Estado, segundo indica á Cadena SER. A maioría dos peches do pasado ano foron en Galicia.
A web do Parlamento habilita dende hoxe o seu novo espazo de participación cidadá
Arabia Saudita esixe eleccións en Siria mentres segue a ser ilegal esixilas en Arabia Saudita. Recólleo eldiario.es
O primeiro treito da autovía Lugo-Santiago cumpre un ano sen apenas tráfico. O vial foi aberto na precampaña das municipais e o tempo de viaxe aínda é superior ao da estrada convencional.
Un atentado suicida en Paquistán (Lahore) deixa cando menos 60 mortos e máis de 300 feridos. As bombas estouparon nos arredores dun parque infantil
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Cerceda, Choco e Depor B lideran a táboa
Rápido de Bouzas 2-0 Barco
Cerceda 3-0 Choco
Racing Vilalbés 1-1 Silva
Noia 0-0 Negreira
Ribadeo 0-1 Ordes
Deportivo B 4-0 Barbadás
Alondras 0-0 Galicia Mugardos
Arousa 2-2 Verín
Bergantiños 2-1 Ribadumia
Boiro 0-1 As Pontes